Novas
educación ambiental desde o ecoloxismo
educación ambiental desde o ecoloxismo :: Adega

  • Compartindo experiencias en composta en red

     

    ADEGA participou esta semana no 2º seminario sobre implementación, desenvolvemento e seguimento de proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria organizado por composta en red www.compostaenred.org que é unha coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolve experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria, da cal ADEGA forma é socia.

    Nesta ocasión viaxamos a Barcelona, exemplo de boas prácticas da axencia de residuos catalana, esta administración decidiu tomar medidas serias para  valorizar os seus residuos, para elo a lexislación  obriga a recollida selectiva da materia orgánica e que fan con ela?? Toda destinada a compostaxe!! Implantaron a lei de canon onde se penaliza con case 13 € a tonelada de residuos destinada a vertedoiro, estes cartos recaudados son destinados a subvencionar proxectos que reduzan a cantidade de residuos xerada como por exemplo a compostaxe doméstica ou comunitaria con 20€ por composteiro individual e 60€ por composteiro comunitario. Tamén a comarca é sancionada se non ten implantado un plan estratéxico de redución de residuos. A raíz de estes cambios lexislativos cada comarca ou unidade de xestión organizase segundo as súas necesidades, por exemplo na cidade de Barcelona implantouse o 5º contedor para a recollida de materia orgánica, puntos de compostaxe comunitario nos parques e unha rede de 22 puntos limpos urbanos.


     

    Noutras comarcas e núcleos de poboación pequenos a compostaxe doméstica e comunitaria foi a chave para acadar os obxectivos da lexislación. En núcleos de 200 hab a compostaxe domestica e comunitaria é o único sistema de xestión para os residuos orgánicos, porque? Por que é o sistema máis económico aforrando a recollida e viaxes de camión e a taxa de reciclaxe aumenta e a concienciación e sensibilidade ambiental mellora,  polo que veciños e administración están moi satisfeitos con estas medidas.

    Nestas xornadas tivemos a oportunidade de coñecer moitas experiencias, estivo presente o departamento de investigación da universidade de Barcelona, onde fan diferentes probas con composteiros.  A universidade de Valladolid presentounos un proxecto experimental de compostaxe de cadáveres de polos dunha granxa.
    Descubrimos experiencias de compostaxe comunitaria con moito éxito en Navarra e El burgo
    A compostaxe aplicada nas escolas  da axenda 21 escolar, coñecemos experiencias de vermicompostaxe, pensada  para que a xente que vive en edificios tamén teña a oportunidade de compostar os seus residuos orgánicos vexetais.
    Tamén  tiveron oportunidade de presentar os seus produtos empresas adicadas a compostaxe. Coa compostaxe tamén fomentamos emprego, empresas que fabrican composteiros, vermicomposteiros… consultores…

    Estas xornadas comezaron con visitas técnicas moi interesantes, visitamos un centro educativo da axenda 21. Unha escola que compostan os seus residuos orgánicos e usan o compost nun pequeno horto escolar, os alimentos consumidos no comedor son de orixe ecolóxico.
    Unha experiencia de compostaxe comunitario no parque da sagrada familia, unha vez mais nos demostran que podemos xestionar e compostar os residuos orgánicos en calquera espazo sen problemas, incluso nun espazo urbano e tan turístico como a sagrada familia.
    E por ultimo visitamos un horto urbano comunitario ónde a materia orgánica xerada no recinto é compostada e devolta ao solo en forma de compost.

    Xa para rematar simplemente comentar que debemos tomar exemplo da xestión do pobo Catalán e compostar os restos orgánicos. Na Galiza da man de ADEGA levamos impulsando proxectos de compostaxe dende o ano 2002 e compostaxe comunitaria dende o 2011. Actualmente en tempos de crise e recortes moitos proxectos de compostaxe estanse parando isto é un erro xa que mediante a compostaxe dos restos orgánicos podemos reducir a factura a SOGAMA como xa quedou demostrado nas experiencias que coñecemos, dende ADEGA queremos animar aos responsabeis municipais que implanten a compostaxe doméstica e comunitaria nos seus concellos é unha oportunidade de xestionar adecuadamente os residuos, recuperar a materia orgánica e ademais fomentar emprego e conciencia ambiental. Ademais compre lembrar que a actual  Lei 22/2011, de 28 de xullo 2011, de residuos e solos contaminados marca como obxectivo para o 2020 esixindo a reciclaxe do 50% dos biorresiduos.
    Cal é o único xeito de acadar dito obxectivo??

    RECOLLENDO DE XEITO SEPARADO A MATERIA ORGÁNICA E COMPOSTÁNDOA!!

    contacto: compostaxe@adega.info



  • Primavera ambiental na UDC

    Seguindo o calendario de actividades do ciclo primavera ambiental, este martes temos unha conferencia sobre as actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas. A conferencia será no salón de actos da facultade de arquitectura ás 12:00h

    Os ponentes convidados son:


    Jesús Giz Novo
    Enxeñeiro Industrial. Técnico Superior de Mantementos  e responsable de instalacións na UDC.Cunha traxectoria profesional con inquietudes no eido da sustentabilidade ambiental, experto en eficiencia enerxética de edificios de terciario e aplicación de enerxías renovables.


    José M. Golpe Acuña
    Técnico en Enerxías Renovables da FAEPAC. Experto en auditorías enerxéticas e análise de eficiencia
    enerxética eléctrica e térmica. Docente en cursos de formación e poñente en numerosos foros sobre eficiencia
    enerxética e enerxías renovables.

    Ramses Pérez

    Coordinador da equipa de educación ambiental de ADEGA (asc para a defensa ecolóxica de Galiza). Presentará o programa de educación ambiental  “Fogares Verdes” programa de acompañamento domiciliario cuxo obxectivo é a redución de auga e enerxía no fogar.



  • A compostaxe comunitaria nas hortas de Belvís


    O próximo venres  11 de maio ás 17:00h  poñeremos a andar a experiencia da compostaxe comunitaria nas hortas de Belvis.
    O composteiro é o complemento ideal para o bo funcionamento nunha horta. Así temos un espazo para botar todos os residuos orgánicos xerados  e convertelos en compost mediante a sinxela e tradicional técnica da compostaxe. Ademais o compost podemos utilizalo como abono para a práctica da agricultura. Deste xeito pechamos o ciclo da material orgánica nas hortas de Belvis.
    A particularidade destas hortas é que son urbanas polo que os usuarios e usuarias das hortas cuxa vivenda son pisos tamén poderán compostar os residuos orgánicos xerados na casa, aumentando a taxa de reciclaxe e sendo mais autosuficientes na xestión dos residuos.
    A actividade do venres nas hortas de Belvis consistirá nunha explicación da técnica da compostaxe impartida por unha educadora ambiental de ADEGA, acondicionamento da zona, instalación do composteiro e primeiros pasos para un bo funcionamento do composteiro, ao remate da actividade poderemos compartir unha merenda nas hortas.
    Máis info: María R Lafuente 628 37 88 04
    compostaxe@adega.info



  • Resultados do programa de compostaxe de Poio

     

     

    Recientemente dimos por finalizado o primeiro programa de compostaxe no concello de Poio.
    Este proxecto tivo unha duración de aproximadamente dez meses para a súa posta en práctica e obtención de resultados, dende que comeza o reparto dos composteiros ata que se recolle o compost. O prazo de inscricións foi o mes de maio, neste período inscribíronse 54 persoas polo que se decidiu ampliar o programa de 50 a 54.  A charla e reparto dos composteiros tivo lugar no mes de  xuño, na Reiboa ( A Seca). No mes de xullo, iniciouse a rolda das primeiras visitas. Co obxectivo de observar o proceso e a resolución de dúbidas, as segundas visitas tiveron lugar no mes de setembro e as terceiras e últimas entre os meses de xaneiro e febreiro.  Nesta recolléronse datos e fíxose unha avaliación do programa mediante unha enquisa. (prema para ver os resultados)


    Producir compost na casa ou no parque a partir do lixo orgánico ten ademais outros beneficios alén da redución do lixo que se transporta cara as plantas de tratamento. O cidadán síntese protagonista da reciclaxe e xestión de parte dos seus residuos. Observa sorprendido de que maneira se reduce o volume do cubo de lixo na cociña, as viaxes que ten que realizar ao contedor municipal e por se fora pouco obtén un produto útil e de calidade. O compost producido a nivel de fogar ou barrio ten unha calidade que acada as esixencias da agricultura ecolóxica. Isto é apoiado por diferentes análises realizadas en programas de similares características. Deste xeito tamén se reduce a dependencia do cidadán pola compra de turba ou fertilizantes para xardín e horta. O participante produce o seu propio abono, no cal confía e é motivo de orgullo.
    Despois de estes dez meses de seguimento dos composteiros por parte da asociación ecoloxista ADEGA, podemos afirmar que todos os composteiros están a funcionar correctamente e moitas familias adquiriron un novo hábito; separar e aproveitar todos os residuos orgánicos  na vivenda.

     



  • VEN A FEIRA na EIRA da XOANA !

     

     

    Este domingo 18 de marzo, ADEGA organiza a I FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana ( Ramil,  Agolada). Poderemos pasar unha agradable xornada mercando, desfrutando da contorna e incluso quedarnos a xantar, xa que ADEGA porá callos, polbo, viño, auga e café a un prezo moi módico.Tamén disporemos de empanadas, queixos, doces e moitos mais produtos a escoller entre a ampla oferta dos postos que asistirán.A feira abrirá ao público ás 11.00 horas e durará ata as 18:30 – 19:00 . Ainda que o tempo non nos acompañe os nosos produtores, artesáns, colectivos  e todos aqueles que asistan a feira estarán baixo cuberto nas carpas que disporá o concello de Agolada para tal fin, polo que a choiva tan esperada soamente mollará os nosas terras, que xa iba sendo hora...

     

    Durante toda a xornada contaremos coa realización de varios obradoiros e demostracións (alfarería, cestería, cosmética natural…), palestras, xogos populares e ademais contaremos coa música de “Herba Grileira”, “Bico da Balouta” e os “Fantoches Baj” co cabezudo “Zampón O Lambón” e o oboísta Benxa Otero.

    Dentro de todas estas actividades, destacamos o sorteo dunha cesta de produtos entre os consumidores da feira. Para iso entregaremos as rifas de balde a todas as persoas que lle fagan unha merca responsable os nosos produtores.

    Neste día contaremos con mais de 40 postos entre os que se atopan agricultores, apicultores, gandeiros, artesáns (pedra, coiro, barro, palla, madeira.), ademais de entidades de comercio xusto e ecoloxistas, que nos surtirán co melloríño dos seus produtos a maioría deles en ecolóxico.

    Para mais info: eiradaxoana.blogaliza.org
    - Marcial Barral - 638475322
    - Pepe Salvadores - 659683384
    - Marga - 680503435 / 680903203

    Onde está a Eira da Xoana e como chegar ? Clica no google maps http://g.co/maps/t877s

    PRODUTORES

    Apicultores

    Produtos / Actividade

    Maremel

    Mel

    CMV Caldebarcos

    Mel

    AGA

    Mel

    Abella Lupa

    Mel

    Agricultores

    Raínha Lupa

    Hortalizas, cereais e tubérculos, pan e aromáticas

    Millo e Landras

    Galiña de Mos, Polos, Porco Celta, Horta, Queixos

    A horta de Dolores

    Rosquillas, millo corvo, fabas, acelgas, cebolas, etc…

    Hortasan

    Hortalizas

    A Carreira

    Horticultura ecolóxica ( en conversión)

    Xulio-Cereais

    Cereais ecolóxicos

    Fragueira

    Pequenos froitos silvestres ecolóxicos

    Ecoadellao

    Hortalizas

    Espazo agroecolóxico

    Horta

    Gandeiros

    Monte Cabalar

    Embutidos

    Queixos Gabino

    Queixo San Simón

    Arqueixal

    Queixo,leite e iogures

    A flor de Mácara

    Queixo + a Limiá

    O Alle

    Leite crú

    Plantas Mediciñais

    Hortalizas

    Milhulloa

    Plantas aromáticas e mediciñais

    Panadería / Repostería

    Granxa Maruxa

    Galletas de nata

    Pan de Cartelle

    Empanadas, pan

    Reposteria - Rois

    Empanadas e filloas

    Reposteiría Eco

    Doces

    Luz Negueira

    Pan / zumes

    Xulia Moura

    Bolachas soxa,queixo e froitos secos

    Bebidas

    Tuta fruta

    Marmeladas, zumes e conservas ecolóxicas

    Menduíña

    Cervexa artesá

    Artesáns

    Oscar

    Cestería

    Alfarería Agustin

    Alfarería

    Tania Looning

    Artesáns coiro

    Verónica

    Cousas de Lá

    Amor

    Artesáns pedra

    Carme Recimil

    Sombreiros de palla

    Arte en pedra

    Coiro e pedra

    Arte sinxelo

    Xoias (coiro , cristal)

    Cedrice

    Xogos do mundo

    Ruper

    Instrum. Madeira

    Lan a man

    Cousas de lá

    Feito con xeito

    Obxectos de papel

    Ecococoarte

    Bisutería (madeiras nóbeis, ósos..)

    Comercio xusto

    Equisol

    Produtos ecoloxicos e comercio xusto

    Panxea

    Produtos ecoloxicos e comercio xusto

    Amarante

    Produtos ecoloxicos e comercio xusto

    A cova da Terra

    Produtos ecoloxicos e comercio xusto

    Entidades

    ADEGA

    Asociación ecoloxista

    Asociación Monte Pindo

    Asociación

    SLG

    Sindicato

    Zocamiñoca

    Cooperativa de consumo responsable



Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.