Novas
Novas do Proxecto Rios
Proxecto Rios RSS

  • Crónica do XV Curso de Formación do Proxecto Ríos
    O Proxecto Ríos ven de celebrar o XV Curso de Formación para Coordinadores de Grupo o pasado sábado día 5 de maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, quixemos facer fincapé nos anfibios e réptiles que poboan os cursos fluviais do noso país.

  • Poster Macroinvertebrados
    O Proxecto Ríos acaba de publicar un poster dos macroinvertebrados bioindicadores dos ríos galegos. Nel aparecen representados a maior parte dos insectos, anélidos, crustáceos e moluscos que forman parte dos ecosistemas acuáticos. O poster ten un tamaño de 50x70 cm, está impreso en papel reciclado e as ilustracións (ao igual que na ficha de identificación) son de Toni Llobet. Se tes un grupo de inspección do Proxecto Ríos, poderás recollelo gratuítamente no local de ADEGA (Travesa dos basquiños 9 baixo, Santiago de Compostela), ou nas próximas actividades do proxecto. Tamén poderá ser adquirido cunha donación de 1,50€+portes de envío (pacobanhobre@adega.info; 981 57 00 99).

  • Avanza o proxecto de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez
    A segunda fase do “Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez” xa está en marcha. Este proxecto é unha inciativa de ADEGA e está financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER. A primeira fase estivo centrada na divulgación da custodia fluvial e na creación de grupos de voluntariado. Foron estes grupos, a maioría pertencentes á asociacións dos concellos do GDR20 (A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga) os que durante o 2011 saíron aos seus ríos para coñecelos e realizar accións de voluntariado e defensa ambiental.

  • XV Xornadas de coordinadores/as de grupo do PR
    O próximo día 5 de maio, sábado, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XV Xornadas de formación de coordinadores/as do Proxecto Ríos. Comezaremos esta primavera a utilizar a aplicación informática on-line para o voluntariado. Dedicarémoslle un espazo do curso a amosar como poder introducir os resultados das inspeccións a través desta ferramenta. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes.

  • Ríos de Lingua e Cultura nas Xornadas da CIG - Ensino
    O vindeiro sábado 21 de abril, no marco das XXII Xornadas de lingua e literatura, Virginia Rodríguez Álvarez, Coordenadora do Proxecto Ríos e Presidenta de ADEGA, impartirá un seminario sobre o Programa Ríos de lingua e cultura. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA, que posúe unha importante vertente cultural. Para poñer en valor este patrimonio vencellado aos ríos deseñouse este programa, que pretende fomentar o emprego do galego dende o ecoloxismo e a educación ambiental, mediante a recollida e divulgación de nomes asociados ríos. A iniciativa pretende achegar á cidadanía a riqueza cultural e lingüística que o país agocha e que está a piques de se perder, manténdoa viva.

Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.