| O CEIP de Vilatuxe dá exemplo de como reciclar e compostar |
|
|
|
|
Nesta xornada creouse un debate sobre a necesidade dunha incineradora na comarca, o alumnado do Vicente Arias de la Maza sabe que a resposta é NON eles saben que se consumen conscientemente, separan para reciclar e compostan os restos orgánicos, reducimos a cantidade de lixo xerado polo tanto non é necesario queimalo nunha industria que agrede a saúde e ao medio.
Esta comunidade educativa é un claro exemplo de xestión sostible dos residuos, xa que separan tódolos residuos nos correspondentes contedores e os residuos orgánicos, tanto restos do comedor como restos vexetais, son destinados a un composteiro onde serán transformados en compost, un fertilizante de calidade que será utilizado no mesmo centro educativo. Tódalas alumnas e alumnos dende os 3 anos até os 12 anos participaron nos diferentes obradoiros. Un obradoiro de compostaxe ónde aprenderon a xestionalo correctamente e a importancia dos descompoñedores como as miñocas, outro obradoiro ónde aprenderon a separar correctamente nos diferentes contedores e un terceiro, ónde os mais pequenos, puideron xogar con material reutilizado.
|






O venres 10 de Febreiro alumnado e persoal docente do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe (Lalín) participaron nun obradoiro de compostaxe e reciclaxe impartido pola asociación ecoloxista ADEGA.