| Volvemos a mollarnos polos humidais |
|
|
|
|
O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con Proxecto Ríos!
Os humidais tamén nos abastecen de moitos produtos dos que dependemos. Existen valores culturais ligados a estes ecosistemas, así como valores naturais que fomentan a recreación e o turismo.
En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e eliminación. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á rede natura 2000. Fotos 2011 Tedes ata mañá para apuntarvos nesta xornada de eliminación de flora exótica invasora. Participa e Móllate polos Humidais! 09.00 Saída dende Santiago de Compostela As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro poden apuntarse no seguinte enderezo: Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA) - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50
|






