Retorna despois do nadal o Programa “O Lixo Desde o Teu Concello” PDF Imprimir Correo-e

 

ADEGA seguirá realizando actividades co seu programa de Educación Ambiental nos centros escolares da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza agora que rematou o nadal . Os centros de ensino que ainda non  fixeron  a súa solicitude ainda podem facelo .

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!

 

 

 

Neste mes de xaneiro que comeza estaremos no CPI Cernadas de Castro (Lousame) e o Colexio Mª Asumpta ( Noia) traballando as temáticas de Residuos e consumo, Reciclaxe de papel  e os Tóxicos no fogar. A continuación mostramos o cronograma destas actividades:

 

Data

Centro-Concello

Actividade

Curso

Alumn@s

17 xaneiro 2012

CPI Cernadas de Castro (Lousame)

Reciclaxe de Papel: elaboración

1º, 2º e 3º de Infantil

77

19 xaneiro 2012

CPI Cernadas de Castro (Lousame)

Reciclaxe de Papel: elaboración

1º A e B Primaria

29

19 xaneiro 2012

CPI Cernadas de Castro (Lousame)

Reciclaxe de Papel: elaboración

2º A e B Primaria

38

20 xaneiro 2012

Colexio Mª Asumpta ( Noia)

Charla e obradoiro de reciclaxe de papel

4º A e B Primaria

40

20 xaneiro 2012

Colexio Mª Asumpta ( Noia)

Residuos e consumo: “A nosa compra”

5º A e B Primaria

40

26 xaneiro 2012

Colexio Mª Asumpta ( Noia)

Charla e Obradoiro de Tóxicos no fogar

6º A e B Primaria

40

TOTAL

264

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A finalidade do Programa da Mancomunidade do Barbanza é dar a coñecer o Plano de Residuos da Mancomunidade á cidadanía, expoñendo as vantaxes dun modelo de xestión que plantexa a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica e de boa parte do resto dos residuos producidos pola veciñanza. Durante as charlas e obradoiros que se fan dentro deste programa preténdese incidir nas actitudes e prácticas dos veciños e veciñas destes concellos ( tanto maiores coma nenos ) para que na súa vida cotiá separen ecoloxicamente os residuos en miras de achegarnos a un modelo máis sustentábel na xestión dos refugallos.

Para solicitar a participación no Programa, os centros de ensino e demais entidades pertencentes a Mancomunidade do Barbanza,  poden enviar a ADEGA a inscripción remitida pola  Mancomunidade  ou ben directamente poñerse en contacto ca persoa responsable do Programa:

Marga Miguens - Responsable de Educación Ambiental Xeral
Tlfno:680 903 203  email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.