|
O CEIP de Vilatuxe dá exemplo de como reciclar e compostar |
|
|
|
|
O venres 10 de Febreiro alumnado e persoal docente do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe (Lalín) participaron nun obradoiro de compostaxe e reciclaxe impartido pola asociación ecoloxista ADEGA.
Nesta xornada creouse un debate sobre a necesidade dunha incineradora na comarca, o alumnado do Vicente Arias de la Maza sabe que a resposta é NON eles saben que se consumen conscientemente, separan para reciclar e compostan os restos orgánicos, reducimos a cantidade de lixo xerado polo tanto non é necesario queimalo nunha industria que agrede a saúde e ao medio.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Para consumar sen nos consumir...¿? Achegate o Toural se queres saber mais... |
|
|
|
|
O 14 de febreiro "O día dos namorados e namoradas" debería ser un día para disfrutar da parella, pero este mundo consumista, e as tendas que nos rodean eclipsan con corazóns e color rosa o verdadeiro significado desta data. É entón cando a maioría da sociedade polo simple feito de ter unha parella vese case obrigada a mercar agasallos que moitas veces poden ter graves implicacións sociais e ambientais.
Varios colectivos na cidade de Compostela sairemos á rúa o día 14 de febreiro para denunciar os excesos e as consecuencias dun día no que semella máis importante consumir que amar. Amarante, Equisol e Panxea (organizacións de comercio xusto e consumo responsable), A Gentalha do Pichel (organización social para a defensa da lingua e da cultura) e ADEGA (asociación ecoloxista) reúnímonos para denunciar os excesos e consecuencias das compras desta data baixo o lema: PARA CONSUMAR SEN NOS CONSUMIR.
|
|
Ler máis...
|
|
Practicando dúas das 3 R en Lousame: a reducción e a reciclaxe |
|
|
|
|

A reducción no tocante os residuos, case nunca é entendida nen asimilada polos mais cativos e menos polos maiores. Por iso, é un dos aspectos que mais se traballan no Programa de Educación Ambiental da Mancomunidade de concellos do Barbanza.. Ademais na regra das 3 Rs, a REDUCCIÓN é a primeira da lista por orde de importancia e eficacia a hora de tratar o noso lixo.Para practicala, sería mellor aplicar e inventar un novo refrán referente os residuos que podría dicir “o lixo que non se crea, nin se destrúe nin se transforma”. E así o fixemos estas semanas nos diferentes centros de ensino de Lousame!!!
|
|
Ler máis...
|
|
Volvemos a mollarnos polos humidais |
|
|
|
|

O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con Proxecto Ríos!
|
|
Ler máis...
|
|
Celebramos o día mundial da educación ambiental traballando na ed. Ambiental...todo un logro!! |
|
|
|
|
Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA), xa que como algo formal, apareceu en 1972 coa Declaración de Estocolmo. Foi por esas datas cando se decidiu adicar o 26 de xaneiro, como Día Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional para a preservación e conservación do Planeta. Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a Educación Ambiental en Galiza e demais países está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar mais ca nunca,fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 23 |