Novas
Novas do Proxecto Rios
Proxecto Rios RSS

  • Volvemos a mollarnos polos humidais
    O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar (http://www.ramsar.org/), é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con Proxecto Ríos!

  • Xornadas de voluntariado na UDC
    (files/descargas/cartaz%20invasoras%20UDC.pdf)(OMA) (http://medioambienteudc.blogspot.com/) traballando en colaboración con Proxecto Ríos preocupámonos pola conservación da biodiversidade da nosa flora, e intentando facer unha labor de concienciación da sociedade universitaria estamos a organizar unha Xornada de Voluntariado Ambiental, centrada desta volta na problemática das especies exóticas invasoras.

  • Resultado do sorteo da guia de libelulas de Galicia
    Vimos de facer o sorteo do Concurso do Proxecto Ríos dunha guía de Libélulas de Galicia da Editorial Baía. A agraciada foi Natividad Fernández Ojea. Parabéns!! En breve recibirá na súa casa dito exemplar.

  • Sorteamos a Guía de Libélulas de Galicia
    Proxecto Ríos premia o teu interese polo estado dos nosos cursos fluviais. Se lle botas un ollo ao Informe do estado de saúde dos ríos Galegos do 2011, poderás contestar ás cinco preguntas que plantexamos. Entre as persoas que acerten ao contestar esas cinco preguntas sortearemos unha Guía das Libélulas de Galicia, escrita por Miguel Angel Férnandez Martínez publicada pola Editorial Baía.

  • Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2011
    informe (http://adega.info/info/090121joomla/files/rios/Estado_RIOS_GALEGOS_2011.pdf) e o resumo (http://adega.info/info/090121joomla/files/rios/Resumo_estado_RIOS_GALEGOS_2011.pdf)

Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.