|
ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto "FOGARES VERDES" |
|
|
|
|
29 de febreiro de 2008. ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novos programas de COMPOSTAXE CASEIRA en Ordes, Carballo e Cerceda |
|
|
|
|
22 de febreiro de 2008. ADEGA ven de apresentar os novos programas de COMPOSTAXE CASEIRA nos concellos de Ordes, Carballo e Cerceda. En cada concello instalaranse 50 composteiros que como novidade, estarán concentrados nunha mesma parroquia o en varias próximas para facilitar as visitas e cuantificar a reducción real dos aportes ao sistema de recollida municipal (contentor verde). Nestes programas contaremos coa colaboración da Universidade da Coruña, que fará a caracterización dos residuos e unha posterior analise de metais pesados do compost producido nas casas. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
Páxina 13 de 13 |