Os trinta composteiros de Oza dos Ríos a pleno rendemento PDF Imprimir Correo-e

Despois de seis meses de práctica da compostaxe caseira é a hora de velos resultados e aproveitar o compost artesán.Dende o nadal pasado levan os veciños de Oza dos ríos empregando o composteiro que se lles cedeu dende o concello. Deste xeito os restos orgánicos da cociña que antes ían destinados ao contedor verde forón depositados no composteiro, mesturados con restos de follas, podas, herba… das hortas e xardíns dos participantes no programa de educación ambiental. O exemplo práctico de que é posible reciclar no propio fogar os residuos orgánicos producidos, devolvéndolle á terra os nutrintes, os minerais e a enerxía que nos foi dada a través dos alimentos e das plantas.

Ler máis...
 
Crónica Curso Sistemas de Depuración Natural PDF Imprimir Correo-e

O pasado martes 27 de abril tivo lugar o curso de formación adicado os sistemas de depuración naturais, no que visitamos dous humidais construídos como sistemas de depuración  extensiva, natural e de baixo custo. A este curso ademais da equipa de educación  ambiental de ADEGA asistiron persoas do ámbito da universidade e empresas que traballan no sector. As visitas foron guiadas por Manolo Soto, profesor da Universidade da Coruña e investigador implicado nos dous exemplos.

 

Ler máis...
 
ADEGA expón as conclusións da xornada de compostaxe a pequena escala PDF Imprimir Correo-e

Nesta xornada sentáronse as bases para a creación da Rede Galega de Compostaxe. O sabado 22 de maio celebrouse a xornada sobre a compostaxe a pequena escala organizada pola asociación ecoloxista ADEGA e o Departamento de Enxeñería Química da Universidade da Coruña. Esta xornada estivo formada por tres mesas temáticas: a compostaxe doméstica, compostaxe comunitaria e en pequenas plantas e a compostaxe en explotacións agrogandeiras. Baixa o resumo dos relatorios.

 

Ler máis...
 
As actividades de EA nos centros escolares do Barbanza renováronse en maio PDF Imprimir Correo-e

ADEGA continuou no mes de maio co seu programa de Educación Ambiental nos centros escolares da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza dentro do programa “O Lixo Dende o Teu Concello”. Retomáronse as actividades despois de rematar o anterior convenio no mes de abril. Durante este mes nos achegamos ata o CEIP de Pedrouzos en Brión, IES de Lamas de Castelo en Carnota e o IES As Insuas en Muros.

Ler máis...
 
Os fogares de O Carballiño tórnanse máis verdes PDF Imprimir Correo-e

Os Fogares verdes de O Carballiño que forman parte xa da rede galega de Fogares verdes  recibirán nestes días aos formadores ambientais que lles explicarán as particularidades do programa alén de entregarlles unha táboa para levar o control sobre o consumo eléctrico e de auga. Tamén os trinta fogares que se acolleron ao programa da Compostaxe caseira terán o primeiro asesoramento nas súas casas co fin de resolver dúbidas e comprobar que o proceso discorre de xeito.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 2 de 13
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.