Elena Espinosa pecha as portas da Educación Ambiental no ministerio PDF Imprimir Correo-e

A recente desaparición da Unidade de Educación Ambiental do agora MIMARM (Ministerio de Medio Ambiente e Rural e Mariño) alén de ser un grave erro político e a última evidencia dun proceso solapado para pechar vías aos instrumentos sociais, á participación pública e, en definitiva, ao aprofundamento democrático na resolución da crise ambiental. ADEGA, xunta cunha manchea de organizacións ecoloxistas do estado apoia o manifesto elaborado por diversas organizacións e entidades adicadas á educación ambiental. A actitude do ministerio proba que a inclusión de competencias en agricultura e pesca dilúe a importancia do medio ambiente subordinándoo a outros intereses.

Ler máis...
 
O Proxecto Rios participa no II seminario permanente en ríos PDF Imprimir Correo-e
ceneam.jpgADEGA-Proxecto Ríos participou no II seminario Permanente: Voluntariado para a conservación da biodiversidade, organizado polo CENEAM, os días 17, 18 e 19 de Outubro. Neste seminario traballaronse aspecto como a seguridade e hixiene dos voluntarios nos proxectos de voluntariado, os seguros necesarios para afrontar as tarefas e procesos partipativos na avaliación dos difeentes programas co voluntariado en ríos.

Descarrega o programa Programa_Seminario_(V_definitiva).doc 

 
Móllate na Limpeza de ríos PDF Imprimir Correo-e

botas.jpgComo novidade nesta campaña de outono estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. . Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

Descarrega o protocolo Protocolo LIMPEZA RIOS.pdf Protocolo LIMPEZA RIOS (1.65 MB)

 

Ler máis...
 
Amplíase o programa Fogares Verdes aos concellos de Ames e Porriño PDF Imprimir Correo-e

Ó longo deste mes de outubro o concello de Porriño porá en marcha o programa Fogares Verdes, unha experiencia piloto de aforro enerxético promovida dende o Ceneam (Centro Nacional de Educación Ambiental), e coordinado por Adega en colaboración cos concellos. Paralelamente dará inicio no concello de Ames o programa Fogares Kioto, programa adicado a reafirmar o compromiso de reducción de emisións de CO2 nun 5,2% , desenvolvido por Adega xunto co concello de Ames. (Este programa estase a realizar en outras comunidades, coodinado por diferentes entidades e subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño)

Ler máis...
 
Os Fogares verdes recibiron a súa segunda visita PDF Imprimir Correo-e

Durante o pasado mes de xullo os fogares verdes  de Compostela recibiron a segunda visita dos educadores de Adega con novos consellos. Unha nova etapa neste programa de educación ambiental no que o acompañamento aos participantes é a base para a incorporación de novos hábitos de consumo dos recursos naturais no fogar.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 10 de 13
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.