|
Fogares Verdes conclue a súa andaina en O Porriño |
|
|
|
Alá polo mes de outubro, Adega en colaboración co concello de O Porriño, botaban a andar o programa de educación ambiental Fogares Verdes, dirixido ó sector doméstico.
O principal obxetivo desta iniciativa era facer reflexionar acerca do esaxerado consumo de enerxía e de auga, que se está a producir actualmente nos nosos fogares. Estableceuse o reto colectivo de acadar unha reducción de emisións de CO2 dun 5,2%, e un aforro de auga de entre o 6 e o 10%.
Ó longo de catro meses, vintecinco familias de O Porriño, participaron desta experiencia de aforro enerxético e de auga.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso de formación sobre tóxicos na vida cotiá |
|
|
|
|
Na nosa vida cotiá, na casa, no traballo, etc. estamos rodeados/as de produtos tóxicos, compostos por substancias perigosas que contaminan o solo, a auga e a nosa saúde. Ademáis, case todos foron testados con animais provocándolles un sufrimento innecesario. Limpadores, xabróns, ambientadores, repelentes, e moitos produtos máis poden evitarse ou substituirse por outros de gama ecolóxica ou de fabricación caseira. No CURSO DE FORMACIÓN deste martes 31-M, organizado pola comisión de Educación Ambiental de ADEGA, analisaranse experiencias de educación ambiental sobre o tema.
|
|
Ler máis...
|
|
Educación Ambiental a redor do lobo. Visitas guiadas e contacontos centraron as actividades |
|
|
|
|
O pasado 17 de febreiro Adega, Erva e AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa), inauguraron a exposición “O lobo, unha carreira pola supervivencia”. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats, e estará aberta até o 17 de abril. A exposición reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat.
|
|
Ler máis...
|
|
ADEGA participa nas III Xornadas da rede “Hogares Verdes” |
|
|
|
Os pasados días 26 e 27 de febreiro celebrouse no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) o terceiro encontro de intercambio de experiencias do programa “Hogares Verdes”, no que se reuniron perto de 80 participantes procedentes de once comunidades autónomas. Asistiron educadores ambientais procedentes de diversos ámbitos de traballo (empresa privada, administración, asociacións, etc) e responsables directos da posta en marcha de programas de “Hogares Verdes”. Todos eles achegaron as súas experiencias e labor neste programa educativo. O aforro enerxético, o consumo moderado de auga ou o consumo responsable son eixos temáticos dos proxectos integrantes desta rede estatal.
|
|
Ler máis...
|
|
Voluntariado Ambiental en Quilmas |
|
|
|
 ADEGA organizou dous campos de voluntariado ambiental en colaboración coa Cooperativa de cultivo ecolóxico Raiña Lupa. Traballouse primeiro na fin de semana do 14 ao 15 plantando 135 árbores froiteiras e 84 mais o pasado xoves 19, donde se achegaron ata alí voluntariado de Adega. A plantación tivo lugar nos terreos da Cooperativa de Agroecoloxía Raiña Lupa, que se constituiu hai alguns meses en Quilmas (Carnota) para poñer en valor unhas terras ameazadas polo Plano Acuícola. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 8 de 13 |