ADEGA participa no Ambiengal con catro comunicacións PDF Imprimir Correo-e

Baixo o título de Ambiengal, o Taller de Educación Ambiental do ICE organiza as VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental, en Santiago de Compostela.

Entre outros este sexto foro das educadoras e dos educadores ambientais de Galiza ten como obxetivos; analisar os problemas ambientais do século XXI, as tendencias, posibilidades e límites da EA, así como crear un foro de intercambio de experiencias e actuacións no ámbito da EA.

O encontro inclúe relatorios, mesas redondas, sesións de intercambio de experiencias educativas e de xestión mediante cartazes e ralatorios. Hai tamén espazo para exposicións e difusión de materiais.

 

Ler máis...
 
ADEGA participou na feira do Sol PDF Imprimir Correo-e

Durante mañá e a tarde do sábado día 20, no paseo central da Alameda de Compostela, desenvolveronse as actividades da FEIRA DO SOL 2009. 

A equipa de Educación Ambiental de ADEGA colaboramos cun posto informativo e realizamos un obradoiro de FOGARES VERDES para o aforro de auga e enerxía no fogar. Os actos comezaron ás 11:30 horas e prolongaronse durante todo o día até as 20:00 h. Houbo cociña solar con degustación de produtos ecolóxicos, contacontos, obradoiros de fabricación de xoguetes solares, percorridos en bici e unha manchea de actividades lúdico-participativas.

 
Charla-coloquio do I Programa de compostaxe Caseira no Concello de Fene PDF Imprimir Correo-e
O xoves 11 ás 19.30 horas tivo lugar na sala de plenos da casa do concello un acto cos/as trinta participantes e familiares do I Programa de Compostaxe Caseira do concello de Fene, nesta charla-coloquio os distintos participantes expopñerán o seu punto de vista e ideas co galo de aprender uns de outros e poder mellorar o proxecto. Dende ADEGA queremos agradecer aos participantes a súa implicación e interese mostrada ao longo destes meses.
Ler máis...
 
Excelente calidade do compost obtido mediante a compostaxe caseira nos concellos de Ordes e Carballo PDF Imprimir Correo-e

 Unha vez rematados os programas de educación ambiental sobre a compostaxe caseira impartidos por ADEGA , en colaboración con SOGAMA realizouse unha analise de metáis pesados para coñecer a calidade do compost obtido, pola universidade da Coruña.


Nestes concellos foi implantado o programa de compostaxe caseirae nel participaron 50 familias da parroquia de Oza no caso de Carballo, e 50 familias das parroquias de Poulo, Bean e Barbeiros, no concello de Ordes. Os veciños comezaron a compostar os residuos orgánicos procedentes da vivenda e da horta  na primaveira do 2008 e a finais de ano obtiñan o seu primeiro compost ou abono orgánico. 

Ler máis...
 
Adega imparte cursos de sensibilización ambiental a técnicos/as de concellos de A Coruña PDF Imprimir Correo-e

Adega en colaboración coa Deputación de A Coruña, está a impartir tres cursos dirixidos a técnicos e técnicas dos concellos da provincia de A Coruña. O curso de sensibilización ambiental forma parte do Plan de Formación da entidade coruñesa e enmarcase dentro da área de Urbanismo e medio natural.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 7 de 13
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.