|
Comeza o oitavo Programa de Educación Ambiental en Santiago de Compostela |
|
|
|
|
O Programa de Educación Ambiental do curso 2009-2010 será o oitavo no que Adega e o Concello de Santiago de Compostela, nomeadamente a concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a de Educación, colaboren na realización dun programa que responde así a demanda da cidadanía, e dos centros de ensino, por protexer e conservar o seu patrimonio ambiental e cultural. Este programa vai dirixido a todos os centros escolares do Concello de Santiago dende Infantil ata Bacharelato.
As actividades de Educación Ambiental en centros escolares de Santiago comezaran a primeira semana de novembro. Pretendese pechar o calendario das actividades de todo o curso a finais de Novembro, polo que todavía se poden mandar as solicitudes a concellería de Educación e Medio Ambiente ou a ADEGA para participar no Programa.
As actividades do oitavo Programa estrutúranse de novo en 10 bloques temáticos, onde se inclúe o de Enerxías renovables que tivo moi boa acollida o ano pasado, para traballar especificamente no aforro enerxético e na temática das enerxías alternativas. Ademáis se lle da un novo enfoque o bloque de Saberes autóctonos incluindo novos obradoiros como a fabricación do xabón. Tamén se farán como cada ano novos obradoiros e saídas, destacando especialmente as visitas o Punto Limpo de Tambre e a Compra responsable no mercado de Abastos. Cada un dos bloques polo tanto contarán cunha charla e un obradoiro, ou cunha charla e un roteiro pola cidade ou polo campo ou saída a un punto de interese.
As actividades ofrecense a todolos centros, que fan as solicitudes priorizando o tipo de actividade que queren, remitindo logo a Adega, onde se atenden por orde de solicitude a actividade demandada por cada centro até un total de 60 bloques de actividades. No caso de que a demanda non cubra todas as actividades, poderanse realizar máis de un bloque no mesmo centro, sempre que o soliciten.
Este ano, se inscribiron ata o de agora un total de 17 centros, e para dar collida a todos propoñemos pechar o calendario de actividades a finais de novembro, polo que animamos a aqueles centros que ainda non fixeron a sua solicitude a que a manden a concellería de Educación ou ADEGA para participar no Programa.
|