Curso de formación sobre plantas medicinais PDF Imprimir Correo-e

A Comisión de Educación Ambiental de ADEGA realizou un curso de fomación sobre plantas medicinais o mércores 7 de outubro, seguindo a liña de traballo comezada a principios de ano co curso de formación de tóxicos no fogar. Se analisaron experiencias de educación ambiental sobre o tema, ademais de  coñecer e elaborar as nosas propias receitas caseiras con plantas medicinais, intentando  así disminuir un pouco a cantidade de medicamentos e cremas que a veces ateigan o botiquín da nosa casa.

 


As plantas medicinais son ben coñecidas desde a antigüedade, e sempre foron usadas para tratar diferentes dolencias, en forma de preparados como infusións, baños, inhalacións (moitos de nós ainda recordaremos as inhalacions de follas de eucalipto para tratar o catarro). Esta sabiduría foi aproveitada polas industrias farmaceuticas para elaborar medicamentos e cremas sinteticamente, imitando os principios activos que conteñen de maneira natural estas plantas.


E por iso,que na actualidade nos bombardean cada vez mais con estes novos productos “milagreiros”, fomentando o seu consumo.Moitos deles están compostos por substancias que contaminan o solo, a auga e sobre todo a nosa saúde, ademáis de que case todos foron testados con animais provocándolles un sufrimento innecesario.


Dende ADEGA pedimos que se reflexione sobre a desmesurada cantidade de medicamentos,cremas e demais ungüentos que mercamos para tratar diferentes dolencias que moitas veces acaban sendo usados unha soa vez e que ateigan o botiquín da nosa casa provocando problemas de difícil solución. Ademais animamos a recuperar a sabiduría popular que se perdeu  debido o seu desuso e a comodidade da sociedade actual de mercar estos remedios e non elaboralos artesanalmente.

Con este curso pretendemos xuntar novas experiencias, recopilar materiais e facer un recetario colectivo alternativo o noso botiquín.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.