ADEGA participou na feira do Sol PDF Imprimir Correo-e

Durante mañá e a tarde do sábado día 20, no paseo central da Alameda de Compostela, desenvolveronse as actividades da FEIRA DO SOL 2009. 

A equipa de Educación Ambiental de ADEGA colaboramos cun posto informativo e realizamos un obradoiro de FOGARES VERDES para o aforro de auga e enerxía no fogar. Os actos comezaron ás 11:30 horas e prolongaronse durante todo o día até as 20:00 h. Houbo cociña solar con degustación de produtos ecolóxicos, contacontos, obradoiros de fabricación de xoguetes solares, percorridos en bici e unha manchea de actividades lúdico-participativas.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.