| Os Fogares verdes recibiron a súa segunda visita |
|
|
|
|
No tocante a enerxía, a iluminación centrou a atención desta volta. Cales son os tipos de lámpadas existentes no mercado? Que vantaxes representan unhas fronte ás outras? Canta enerxía podemos chegar a aforrar cunha boa iluminación no fogar?... Estas foron algunhas das preguntas as que se lle deu resposta. O feito de que as lámpadas incandescentes, as de toda a vida, teñan os días contados, axuda a que se de o cambio para as de baixo consumo. A pesares de que é ben sabido que o aforro de Kw e cartos que supón unha lámpada eficiente resulta importante, aínda custa desfacerse das bombillas corrientes. Na seguinte táboa ampliase a información neste senso:
Estase no camiño dun cambio consciente e determinante de costumes que demostren que consumir menos non implica renunciar ao benestar e que é doado ser eficientes! |






Durante o pasado mes de xullo os fogares verdes de Compostela recibiron a segunda visita dos educadores de Adega con novos consellos. Unha nova etapa neste programa de educación ambiental no que o acompañamento aos participantes é a base para a incorporación de novos hábitos de consumo dos recursos naturais no fogar.