Convenio Proxecto Ríos-Fundación Territori i Paisatge para un proxecto de recuperación de anfibios PDF Imprimir Correo-e

O convenio asinado entre as dúas entidades pretende desenvolver unha "experiencia piloto" na recuperación de charcas e outros hábitats para anfibios.  A Fundación Territori i Paisatge da Obra Social de Caixa Catalunya, seleccionou por segunda vez unha iniciativa de ADEGA (a primeira foi o Proxecto Ríos) na liña da Custodia do Territorio. Desta volta, a intervención financiada pretende servir tamén como chamada de atención sobre o serio declive que en todo o planeta están sufrindo os anfibios. Tamén servirá para dar pulo a unha experiencia de custodia e voluntariado ambiental no eido da conservación de hábitats e especies en regresión.


Esta regresión débese a alteración e destrución dos seus hábitats naturais así como a introducción de especies invasoras, entre outras causas. Porén, tamén están desaparecendo anfibios en espazos naturais donde non houbo impactos.


En Galiza a desaparición dos anfibios débese a diversos factores en función da situación xeográfica. No interior ourensán, lugar da actuación, unha das principais amenazas é o abandono rural que acompaña a desaparición de charcas e balsas que cumplian diferentes funcións (rega, abrevadeiro para o gando, etc.) Ao ser abandonadas pola falta de uso, estas colmátanse por acumulación de follas e ramallada ou secan por falta de mantenemento. A desaparición deste hábitat fundamental para a reproducción dos anfibios é un episodio que se reproduce de maneira acentuada na provincia interior ourensana, a que ten un clima máis extremo, así como un maior indice de abandono rural.

A finalidade do proxecto é conservar un espazo en regresión: as pozas e charcas de rega para favorecer a conservación dos anfibios e recuperar a paisaxe rural. O programa a desenvolver inclúe estudos sobre a situación das pozas custodiadas e propostas de acción para a recuperación das charcas, así como e a construción dun novo espazo húmido. Pretende tamén ser un proxecto que sirva de recurso para o voluntariado de conservación de espazos naturais e a educación ambiental.
A actuación desenvolverase nunha finca particular, cunha extensión de 1,3 Ha, cedida en custodia para tal finalidade, situada no concello de Montederramo (Ourense). A primeira actuación realizouse xa os días 17 e 18 de xuño pola equipa técnica de Proxecto Ríos e as educadoras ambientais de ADEGA. Estas dúas sesións consistiron na elaboración dun primeiro informe sobre a situación da charca e os regos da finca, medidas, catálogo de fauna e flora… En función dos resultados, deseñaranse as seguintes actuacións a realizar durante o verán e nos meses de outono e inverno.


A restauración da charca e dos regos da finca leva parellas outras actuacións complementares como son o mantenemento do prado e a rehabilitación de valados que servirán de refuxio a anfibios e outras especies e axudarán a manter a paisaxe rural.
 
Para contactar: Ramsés Pérez Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA. 616 23 80 50; mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.