|
Compostela, praza da Quintana. O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferencias de presión, produce a fotosíntese… é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía; hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos, porén, o seu uso aínda está moi pouco extendido. O 1º ENCONTRO SOLAR pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na reducción e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamentos preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.
PROGRAMA
10.00-19.00. Praza da Quintana. Exposición de aparellos solares: cociñas e fornos solares, cargadores solares para móbiles, PDAs, etc e outros aparellos, calculadoras, linternas, etc. 10.00-19-00. Praza da Quintana. Gastronomía solar: cociña e degustación de platos elaborados con enerxía solar, biscoitos, infusións, etc. 11.00-12.00. Casco Vello. Roteiro solar pola cidade (sairá da Quintana). A cidade consume enerxía, emite CO2, aproveita a luz solar… 12.00-13.00. Praza da Quintana. Obradoiro infantil: Pintura solar. 17.00-18.00. Visita ao Parlamento de Galiza. Instalacións solares e de enerxías renovábeis do Parlamento. 19.00-20.00. Galería Sargadelos. Charla-debate: Juan J. Álvarez Carril, Director Xeral do Inega; Elvira Cienfuegos, Concelleira de MA de Santiago de Compostela; Martiño Nercellas, técnico de Parlamento de Galiza; Alvarella; ADEGA |