I Curso de Compostaxe Caseira PDF Imprimir Correo-e

Con este Iº curso de formación queremos poñer en marcha un dos recursos fundamentais do proxecto Aldeaverde-Eira da Xoana: o CURRUNCHO DA ESTERQUEIRA. A actividade formativa, que pon en valor unha prática tradicional de reciclaxe da materia orgánica, pretende desenvolver os coñecementos e as actitudes precisas para a capacitación de educadores e voluntariado ambiental. Neste curso trataranse, entre outros contidos, que é a compostaxe e o compost, tipos de composteiros, beneficios do compost, coidados básicos, problemas e solucións… e construiranse diferentes tipos de composteiros.

 

10 de maio de 2008. Ramil (Agolada)

PROGRAMA

Mañá
-10.00 Presentación e entrega de material
-10.30 Introducción á compostaxe
-11.30 Obradorios de construcción de composteiros
-14.30 Xantar

Tarde
-16.30 Continuación dos obradoiros
-18.30 Instalación dos composteiros

Inscricións: María Lafuente, responsábel dos programas de Compostaxe Caseira de ADEGA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
628 378804/ 981 570099

Prazas limitadas

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.