Os trinta composteiros de Oza dos Ríos a pleno rendemento PDF Imprimir Correo-e

Despois de seis meses de práctica da compostaxe caseira é a hora de velos resultados e aproveitar o compost artesán.Dende o nadal pasado levan os veciños de Oza dos ríos empregando o composteiro que se lles cedeu dende o concello. Deste xeito os restos orgánicos da cociña que antes ían destinados ao contedor verde forón depositados no composteiro, mesturados con restos de follas, podas, herba… das hortas e xardíns dos participantes no programa de educación ambiental. O exemplo práctico de que é posible reciclar no propio fogar os residuos orgánicos producidos, devolvéndolle á terra os nutrintes, os minerais e a enerxía que nos foi dada a través dos alimentos e das plantas.

Pero máis alá da visión biolóxica está a cara económica e da correcta xestión do lixo. Compostar na casa supón un menor gasto na xestión de residuos, unha minimización das emisións e da contaminación por transporte do lixo e unha efectiva redución en kg da fracción orgánica que se desbota nos fogares.
A comodidade tamén é un aspecto destacado da compostaxe na casa. Separar na cociña todo os restos orgánicos; follas de leituga, casca de ovo, restos de froitas, mondas de laranxa, pousos de café, cinza da cheminea, cunchas de marisco, pan con mofo, bolsiñas de té, cascas de pipas, restos de peixe e carne, etc. para logo botalo ao composteiro que está á beira da casa evita desprazamentos ao contedor da rúa. Asemade os restos de poda, da sega do céspede, da limpeza de “malas herbas” ou da recollida de folla que noutrora ateigaban os contedores verdes do concello van parar ao composteiro.
Como peche do programa as educadoras de Adega farán a última visita porta a porta aos fogares compostadores. Valorando se se acadou con éxito a producción do compost e orientando aos participantes no seu correcto uso. Alén de pasarlles unha enquisa final de valoración da experiencia.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.