O Programa de Compostaxe Caseira finaliza as visitas en Ferrol e comezanse en Melide PDF Imprimir Correo-e

O Programa de Compostaxe Caseira que Adega desenvolveu en 30 concellos de Galiza con case 2000 composteiros instalados en 45 edicións, iniciou no ano 2002 a súa experiencia cun programa piloto no que participaron 10 unidades familiares do concello de Ferrol. Nos últimos dous anos a concellaría de medio ambiente fixo unha clara aposta por este sistema de xestión da fracción orgánica do lixo xerado nos domicilios ferroláns, instalando un total de 100 composteiros no municipio. Esto está permitindo un reducción da cantidade de lixo que chega os contendores da rúa, o que se traduce nun aforro na xestíón dos residuos sólidos urbáns.

Neste mes inicianse as visitas aos 50 fogares que participarán no primeiro Programa de Compostaxe Caseira do concello de Melide, promovido pola concellaría de medio ambiente e que foi subvencionado pola Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao abeiro da orde de axudas para a sostenibilidade.

 

Leer máis

 

 

Temos que destacar a boa acollida que este programa tivo polos veciños ferroláns, xa que cada vez son máis os interesados en participar nesta experiencia e implicarse nunha xestión máis eficaz dos residuos domiciliarios. Así, esperamos que o concello de Ferrol renove o programa este ano, incrementando o número de vivendas que apostan pola reducción dos residuos en orixe.


Estos días as 50 vivendas que se sumaron o ano pasado o programa de Compostaxe Caseira reciben a última visita da educadora ambiental de ADEGA. Nesta visita explicamos como deben de retirar o compost obtido no proceso de compostaxe dos residuos orgánicos e os usos os que se pode destinar, ademáis os responsables dos composteiros cubren unha enquisa de valoración do programa que pretende axudar a mellorar o desenvolvemento do mesmo.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.