|
Practicando dúas das 3 R en Lousame: a reducción e a reciclaxe |
|
|
|
|

A reducción no tocante os residuos, case nunca é entendida nen asimilada polos mais cativos e menos polos maiores. Por iso, é un dos aspectos que mais se traballan no Programa de Educación Ambiental da Mancomunidade de concellos do Barbanza.. Ademais na regra das 3 Rs, a REDUCCIÓN é a primeira da lista por orde de importancia e eficacia a hora de tratar o noso lixo.Para practicala, sería mellor aplicar e inventar un novo refrán referente os residuos que podría dicir “o lixo que non se crea, nin se destrúe nin se transforma”. E así o fixemos estas semanas nos diferentes centros de ensino de Lousame!!!
|
|
Ler máis...
|
|
|
Volvemos a mollarnos polos humidais |
|
|
|
|

O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con Proxecto Ríos!
|
|
Ler máis...
|
|
Celebramos o día mundial da educación ambiental traballando na ed. Ambiental...todo un logro!! |
|
|
|
|
Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA), xa que como algo formal, apareceu en 1972 coa Declaración de Estocolmo. Foi por esas datas cando se decidiu adicar o 26 de xaneiro, como Día Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional para a preservación e conservación do Planeta. Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a Educación Ambiental en Galiza e demais países está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar mais ca nunca,fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
|
|
Ler máis...
|
|
Retorna despois do nadal o Programa “O Lixo Desde o Teu Concello” |
|
|
|
|

ADEGA seguirá realizando actividades co seu programa de Educación Ambiental nos centros escolares da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza agora que rematou o nadal . Os centros de ensino que ainda non fixeron a súa solicitude ainda podem facelo .
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
|
|
Ler máis...
|
|
Comprobamos o resultado do composteiro comunitario de Fene |
|
|
|
|
O pasado martes 27 de decembro comprobamos se xa tiñamos compost no composteiro comunitario de Fene.
Este composteiro foi instalado a finais de abril no parque da Volta do Castro, no mes de agosto chegou ao límite da súa capacidade e ampliamos a área de compostaxe cun novo composteiro de 320L, abrimos o composteiro grande pola parte inferior, extraímos o material que estaba en proceso de convertirse en compost e o trasladamos ao composteiro pequeno para que continúe o proceso até a maduración. Este martes procedimos a apertura do composteiro pequeno e xa tiñamos o compost maduro!! Os nosos residuos xa se transformaran en compost, un produto semellante a terra do monte que serve como fertilizante para o xardín ou a horta. Este composteiro asume todos os residuos orgánicos do comedor do ASPANEPS (aproximadamente 20 persoas) ,os residuos de varios veciños e veciñas da Volta do Castro e tamén os restos vexetais no parque e do cemiterio. Residuos orgánicos que esquivan as fauces da incineración en SOGAMA e son devoltos ao solo no mesmo lugar ónde se producen, en forma de nutrintes.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 22 |