Curso de formación adicado a visitar experiencias de compostaxe PDF Imprimir Correo-e

O pasado venres 22  tivo lugar o curso de formación de xaneiro da comisión de educación ambiental de ADEGA. Este curso estivo adicado a visitar dúas  instalacións que xestionan restos orgánicos fabricando compost en pequenas plantas para logo comercializar.

A primeira visita foi a Ecocelta, unha pequena empresa situada en Pias, Ponteareas adicada á fabricación e comercialización de abonos e enmendas orgánicas para agricultura e xardinería que da traballo a oito-dez persoas. As materias primas de esta empresa son principalmente restos de podas procedentes do punto limpo do Grove e Baiona, esterco de cabalo procedente dun centro de equitación, pitos e coellos,procedentes das granxas dos arredores, restos de froita e lodos de EDARs. Este material é misturado e disposto en pillas, que son volteadas todolos dias para acelerar o proceso de fermentación e que alcanzan na fase termofilica os 70oC, mantendo dita temperatura durante un día co fin de conseguir un produto hixienico e libre de patóxenos. Despois de tres meses aproximadamente  obteñen un fertilizante de calidade chamado compost.A planta tamén recibe algas procedentes da praia de Cesantes que son destinadas a compostar, conferindolle unha boa estructura ao compost.
Unha vez obtido o compost este pódese comercializar xa ou seguir un tratamento de vermicultura ónde as miñocas dixiren este material e obtense un vermicompost que ten caracteriscas moi especiais e demandadas sobre todo para a xardineria.


Na sesión da tarde diriximonos cara a Cañiza para visitar Abonos Lourido, unha pequena planta de compsotaxe que da tráballo a unha ou catro persoas según a época do ano. Esta empresa compaxina duas actividades a da limpeza dos montes de mancomunidades cercanas, coa que se obtén un material no que o toxo é moi abundante, e que almacenan en pillas no propio monte para despois de seis meses aproximandamente levalos á planta e tamén a da compostaxe de resíduos orgánicos. Unha vez na planta o material é triturado e misturado ou non, con outros materiais como a cortiza de pino ou esterco de cabras e ovellas, obtendose así tres productos finais mediante o proceso da compostaxe. Estes productos son moi demandados para agricultura e tamén para viticultura.


Son dous exemplos sustentábeis de tratamento dos restos orgánicos. Destacariamos de Ecocelta a variadade de residuos tratados, así como a cantidade de produtos que elabora “case a carta” e de Abonos Lourido a súa contribución na xestión do monte. Nos dous casos obeñense productos de de calidade, hixiénicos, naturais e con alto valor fertilizante que devolven ao solo a súa productividade, e que ademais reciclan materiais orgánicos que doutro xeito rematarían colmatando os vertedoiros ou queimados.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.