Fogares Verdes conclue a súa andaina en O Porriño PDF Imprimir Correo-e
Alá polo mes de outubro, Adega en colaboración co concello de O Porriño, botaban a andar o programa de educación ambiental Fogares Verdes, dirixido ó sector doméstico.

O principal obxetivo desta iniciativa era facer reflexionar acerca do esaxerado consumo de enerxía e de auga, que se está a producir actualmente nos nosos fogares. Estableceuse o reto colectivo de acadar unha reducción de emisións de CO2 dun 5,2%, e un aforro de auga de entre  o 6 e o 10%.

Ó longo de catro meses, vintecinco familias de O Porriño, participaron desta experiencia de aforro enerxético e de auga.

O programa consistíu en tres charlas-taller nas que se abordaron os temas: calefacción, auga quente sanitaria, iluminación, o consumo en espera, a etiqueta enerxética dos electrodomésticos, o consumo e a contaminación da auga, e a mobilidade. En cada un dos talleres os educadores ambientais de Adega fixeron unha charla introductoria do tema correspondente, resolvéronse as dúbidas dos asistentes, e por último déronse unha serie de consellos de aforro, fáciles de por en práctica na casa.

Durante o desenvolvemento do programa os fogares participantes foron recibindo diverso material didáctico de apoio (manual de fogares verdes editado por Adega, guía práctica da enerxía do Inega, fichas de consellos...) así como un pequeno kit de aforro a modo de estímulo para animalos a mudar hábitos de consumo dentro do fogar.

O seguemento dos talleres foi maioritario, e no transcurso dos mesmos foron xurdindo cuestións relacionadas co consumo enerxético e da auga, como por exemplo a “Ecobola”( produto que serve para lavar a roupa sen o emprego de productos químicos como o deterxente ou suavizante) o consumo responsable ou a xestión de resíduos, nos que os fogares mostraban un especial interese.

Tamén xurdiron múltiples preguntas acerca da categoría e eficiencia enerxética dos electrodomésticos, dúbidas sobor da iluminación de baixo consumo e a recente aparición dos Leds (diodos emisores de luz).

O martes celebrouse o encontro final, donde se fixo unha reflexión global, e no que os participantes puideron clarexar as súas dúbidas e manifestar as súas opinións e suxerencias. A clausura do programa fíxose coa organización dun xogo de rol sobre a enerxía, no que os fogares tiveron a oportunidade de ser os protagonistas a par de divertirse.

Os resultados obtidos do programa foron moi positivos, en grande medida grazas a implicación e interese dos participantes.

En xeral, os fogares mostráronse ó longo de todo o programa moi participativos e interesados, e na maioría dos casos aseguran ter adoptado hábitos de consumo máis responsables nos seus fogares. Ademáis, manifestan o seu interese por formar parte dunha rede de fogares verdes que se está a configurar a nivel estatal, e continuar recibindo información de xeito periódico, das novidades que xurdan en relación co consumo responsable dos recursos naturais e outros temas relacionados.
 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.