PRIMEIRA VISITA AOS FOGARES VERDES DE MUROS PDF Imprimir Correo-e

Os vintecinco fogares verdes de Muros que forman parte da rede galega de Fogares verdes  recibirán nestos días aos formadores ambientais que lles explicarán as particularidades do programa, alén de entregarlles unha enquisa inicial e a táboa para levar o control sobre o consumo eléctrico e de auga.

Nesta primeira ocasión se lles proporcionarán consellos e información sobre a calefacción e auga quente xa que o maior gasto enerxético dentro do fogar é debido a estes dous factores, a proporcionar calor no noso fogar. Aspectos como o aillamento, evitar filtracións de aire e facer un bo uso dos sistemas cos que conta o domicilio resulta fundamental para a eficiencia calórica dos fogares verdes. Tamén se proporcionará información sobre a auga no fogar. O baño é o lugar onde máis auga se consume e mesmo se pode dicir que onde máis se despilfarra. Litros e litros de auga potabilizada se gastan na cisterna do baño. Consellos por todos escoitados como pechar a billa cando estamos a enxabroarnos ou a afeitarnos, reducir o tempo da ducha, tirar pouco da cisterna… As máximas nos Fogares Verdes van ser; gastar a cantidade xusta de auga, reusala cantas veces se poida e contaminala ou luxala ao mínimo.

Para axudar no aforro de auga entregaselles aos Fogares verdes un perlizador para a billa e un reductor de caudal para a ducha. Completa o kit o caderno de auga e enerxía dos fogares verdes, un imán para a neveira e unha bolsa de tea do programa.

Marcados asemade os obxetivos xerais; unha redución do 5,2% das emisións de CO2 e entre un 6 e un 10% do consumo de auga respecto ao ano anterior, só queda seguir traballando colectivamente no camiño do aforro e o non desvaldimento de recursos, coa vontade dos Fogares verdes e coa axuda das futuras charlas, visitas e obradoiros. 

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.