A formación ambiental de outubro adicouse a visitar equipamentos de Portugal PDF Imprimir Correo-e

O curso de formación de outubro que organiza mensualmente Adega estivo adicado á visita de dous equipamentos portugueses especializados en duas temáticas traballadas habitualmente na asociación, auga e residuos. A visita permitiunos coñecer as suas experiencias e compartir coñecementos prácticas e experiencias.


A Horta da Formiga é un centro adicado a compostaxe caseira, criado para educar e sensibilizar a poboación no ámbito dos residuos. Este equipamento pretende demostrar que é a compostaxe, cales son as suas vantaxes e diferentes usos.


Logo de equivocarnos de Lipor e dar algunhas voltas fumos recibidos cun café ecolóxico prévio a unha charla sobre a compostaxe, ao final da cal indagamos sobre cuestións referidas aos resíduos ou a compostaxe. Despois fixemos un percorrido sobre os diferentes modelos de compostadores, tanto dos existentes no mercado como os de aqueles elaborados artesanalmente. Continuamos logo a visita pola zona de cultivos parandonos na sección das aromáticas e concluindo a visita a nova contrucción deste equipamento, un pendello para o burro Arturo feita con balas de palla seguindo critérios de bioconstrucción.


Pola súa banda o Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental – CMIA é un equipamento que pretende desenvolver accións de sensibilización ambiental, promover a construcción de bases de datos de calidade ambiental a nível local e empregar esta información de forma que contribúa a unha mellora do ambiente.

 

 

Antes da visita puidemos comprobar os efectos de unha pranta invasora como é o xacinto de auga, sobre un ecosistema acuático. Logo fumos mui ben atendidos, mostrousenos o equipamento así como as suas principais actividades ate o momento como pode ser a participación no Projecto Ríos de Portugal ou as actividades vinculadas ao mar e reparamos tamén nas posibilidades de actuación futuras. Nesta liña ficou  aberta a posibilidade de artellar algún tipo de colaboración no futuro.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.