| O Concello de Muros súmase á Rede de Fogares Verdes |
|
|
|
|
Os interesados recibiron información durante a escasa hora que durou a presentación e logo desta abriuse un prazo de inscripción ata o 19 de outubro para xuntar os vintecinco Fogares Verdes e comezar coas actividades propias do programa. Dos participantes agárdase que leven un control dos consumos e faciliten os datos de facturación de auga e electricidade, datos que se tratarán confidencialmente, así como un compromiso de permanencia no programa. Recibirán pola contra información e consellos sobre novos hábitos máis eficientes nos apartados de calefacción, consumo pantasma, iluminación, auga no baño, rega, lixo... Ademáis de unha pequena equipa de aforro composto por diverso material educativo e dispositivos para o aforro de auga e electricidade no fogar. O programa desenvolverase con visitas porta a porta, charlas colectivas e actividades e obradoiros complementarios. Os obxetivos de aforro de partida serán de xeito colectivo a reducción no consumo de auga entre un 6-10% e nas emisións de CO2 nun 5,2%. Tentarase demostrar unha vez máis que traballando na cultura da medida e do uso eficiente dos recursos no fogar pódese acadar un aforro significativo sen por elo perder comodidades ou servizos. En canto ao coidado dos limitados recursos naturais insistimos en que as conductas responsables beneficias a todas/os.
|






Vintecinco novos fogares participarán do aforro de auga e enerxía en Muros. O pasado luns día 5 de outubro tivo lugar na Aula de San Xosé do concello de Muros unha charla informativa aberta a todas/os veciños para explicar os pormenores do programa de educación ambiental Fogares Verdes que se desenvolverá ao longo dun ano neste concello costeiro, ao abeiro das axudas de sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.