| Adega participa na VIII edición da escola de verán do concello de Santiago |
|
|
|
Un ano máis Adega participa na escola de verán, ofrecendo ós participantes un espazo lúdico-educativo no que poder divertirse e aprender ó mesmo tempo.Ó igual que en anos anteriores Adega ofertou, ós 38 nenos participantes na escola de verán, un calendario de actividades relacionadas coa defensa do medioambiente. Nesta edición de xuño do 2009 as xornadas levaron por título “Un mundo de enerxía”, sendo as enerxías renovables, o fío conductor do traballo que se desenvolveu ó longo de toda a semana cos nenos. O programa repartiuse entre a enerxía solar, a eólica, a hidráulica e a biomasa. En cada unha das xornadas os nenos participaron en xogos e obradoiros relacionados con cada unha das renovables arriba mencionadas. Así, o primeiro día adicado a enerxía solar, construiron un colector solar e unha neveira portátil, mentres que os máis pequenos se disfrazaron de sol e construiron unha cantimplora-termo. Na segunda quenda de traballo tocou xogar ó ritmo do vento, e construir un paracaídas e un muiño de vento. No día adicado á enerxía hidráulica, repasáronse os pros e contras desta enerxía no noso país, e fixeron un muiño hidráulico. Xa no penúltimo día, o tema que centrou a xornada foi “Aprendendo a comer”, obradoiro no que os cativos pepararon unha macedonia de froitas, e os maiores un biscoito e un batido de leite e froita fresca. Fixemos este pequeno inciso no día adicado á biomasa resaltando que a nosa enerxía provén dos alimentos, e que dunha alimentación sana e equilibrada dependerá á nosa saúde. Xa para rematar, o último día completamos o mural da enerxía iniciado ó principio da xornada, coas pezas de cativos e maiores, e desfrutamos dunha chocolatada e xogos que fixeron as delicias dos nenos. Adega espera acadar coas actividades propostas, que os nenos e nenas participantes melloren a súa capacidade de relación social, fomentando a través dos xogos a cooperación e traballo en equipo, ó tempo que adquiren novos coñecementos e pasan unha semana agradable e divertida
|






Un ano máis Adega participa na escola de verán, ofrecendo ós participantes un espazo lúdico-educativo no que poder divertirse e aprender ó mesmo tempo.