Adega imparte cursos de sensibilización ambiental a técnicos/as de concellos de A Coruña PDF Imprimir Correo-e

Adega en colaboración coa Deputación de A Coruña, está a impartir tres cursos dirixidos a técnicos e técnicas dos concellos da provincia de A Coruña. O curso de sensibilización ambiental forma parte do Plan de Formación da entidade coruñesa e enmarcase dentro da área de Urbanismo e medio natural.

Os obxectivos do cursos son:
-Pór de manifesto os principais problemas do medio natural, e ofrecer solucións
a través das boas prácticas ambientais
- Contribuír ao cambio de valores da sociedade que conduza a unha nova forma
na utilización dos recursos naturais
- Fomentar o traballo en grupo, a creatividade e a cooperación para comprender
mellor o noso papel no entorno no que vivimos

A duración de cada un destes cursos é de dez horas, divididos en tres sesións, dous deles desenvolveranse en A Coruña e outro en Santiago de Compostela. A equipa de educación ambiental de Adega é a encargada de impartir as sesións donde se traballan aspectos como unha breve aproximación a educación ambiental en Galiza, liñas e ideas de consumo sustentábel na vida cotián ou se divulgan experiencias de voluntariado ambiental.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.