|
Na nosa vida cotiá, na casa, no traballo, etc. estamos rodeados/as de produtos tóxicos, compostos por substancias perigosas que contaminan o solo, a auga e a nosa saúde. Ademáis, case todos foron testados con animais provocándolles un sufrimento innecesario. Limpadores, xabróns, ambientadores, repelentes, e moitos produtos máis poden evitarse ou substituirse por outros de gama ecolóxica ou de fabricación caseira. No CURSO DE FORMACIÓN deste martes 31-M, organizado pola comisión de Educación Ambiental de ADEGA, analisaranse experiencias de educación ambiental sobre o tema.
O curso de formación pretende ser un espazo para reflexionar e analizar experiencias e actividades desenvolvidas por ADEGA ou outras entidades. Continuamente escoitamos mensaxes que nos incitan a consumir estes produtos “Non merques tres produtos para toda a casa, faite só con un para todo" ou "Como vas limpar a mesa da cociña co mesmo que limpas o chan?...” Dende ADEGA pedimos que se reflexione antes de mercar, xa que moitos destes produtos acaban nun armario provocando problemas de difícil solución. Nas enquisas realizadas nos diferentes programas de educación ambiental de ADEGA (Compostaxe Caseira, Fogares Verdes, etc.) moitas das persoas participantes teñen amosdado o seu interese por coñecer alternativas a estes productos.
ADEGA leva xa anos realizando actividades nesta liña, e con este curso pretendemos xuntar novas experiencias, actualizar materiais e facer un recetario colectivo alternativo. Se estás interesado/a en participar, coñeces experiencias educativas, ou substitutos e receitas caseiras, achégate ao local nacional de ADEGA (Travesa dos Basquiños 9, baixo, Compostela), o martes 31 de marzo ás 17h.
Máis información: Ramsés Pérez, Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA (616 23 80 50;
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|