|
Educación Ambiental a redor do lobo. Visitas guiadas e contacontos centraron as actividades |
|
|
|
|
O pasado 17 de febreiro Adega, Erva e AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa), inauguraron a exposición “O lobo, unha carreira pola supervivencia”. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats, e estará aberta até o 17 de abril. A exposición reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat.
Alén da contemplar a exposición as entidades convocantes pretendemos desenvolver actividades de educación ambiental ao redor do lobo e a sua conservación . 125 alunos do CEIP López Ferreiro e do IES Xelmirez II de Santiago de Compostela visitaron a exposición e realizaron diferentes actividades. Educadoras ambientais de ADEGA realizaron visitas guiadas pola exposición mostrando as peculiaridades do lobo. As características físicas así como vida, perigos e iniciativas para a sua conservación ligada ao turismo de natureza, etc foron algunas das cuestión sobre as que os alumnos responderon e fixeron protostas de actuación. Os alunos puideron visualizar un corto con imaxes de lobos galegos en liberdade. A actividade completouse con sesión de contos polo ecoloxista e contacontos Anxo Moure que cautivou a cativas e cativos.
|