| As actividades de EA en centros de Ensino de Santiago comezaron en Febreiro |
|
|
|
|
O Programa de Educación Ambiental de Santiago concíbese como un conxunto integrado de subprogramas,en total 10 Bloques que tratan diferentes temáticas no que se pretende achegar a cidadanía, as cuestions medioambientais máis proximas, auga, enerxía, residuos, biodiversidade...e tamén se pretende fomentar a responsabilidade dos cidadáns en referencia a estes temas e a súa participación activa na búsqueda das solucións máis respetuosas coa conservación, a protección ambiental e a sustentabilidade. Este ano para dar collida a todolos centros propoñemos pechar o calendario de actividades a finais do mes de febreiro, polo que animamos a aqueles centros que ainda non fixeron a sua solicitude a que a manden a concellería de Educación ou Medio Ambiente para participar no Programa. A semana pasada comezaron as actividades deste Programa, onde fixemos varias sesións informativas e obradoiros dentro da temática dos Residuos e as Enerxías Renovables no IES do Sar. Esta semana,o xoves 12, visitaremos á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) con alumnos/as do IES Xelmirez I, dentro do monográfico adicado á auga e traballaremos cos mais pequenos a semana vindeira no CEIP de Vite I a Fabricación de xoguetes a partir de residuos e Reciclaxe de papel. Para mais información: Marga Miguens -Responsable do programa de Educación Ambiental Xeral
Tlfno:680 50 34 35 email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|






ADEGA comezou a semana pasada, varias actividades do Programa de Educación Ambiental do Concello de Santiago. Este ano proponse pechar o calendario das actividades de todo o curso a finais de Febreiro polo que todavía se poden enviar as solicitudes a concellería de Educación e Medio Ambiente para participar no Programa.