|
Como novidade nesta campaña de outono estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. . Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. Descarrega o protocolo Protocolo LIMPEZA RIOS (1.65 MB)
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes.Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos, e pretendemos continuar nos próximos anos con esta actuación aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza. As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza. Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona: | Grupo/Concello | Persoa de contacto | Teléfono | A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares | Chus Goldar | 626 768 826 | ABEGONDO: Departamento de Medio Ambiente | Mª Carmen | 686 352 866 | ARTEIXO: Departamento de Medio Ambiente | Óscar Miranda | 981 64 18 15 | CARBALLO: ADEGA-Carballo | Paco Graña | 646 42 10 19 | CELANOVA: ADEGA-Ourense | Xan Carlos | 629 635 945 | COMPOSTELA: ADEGA-Compostela | Paco Bañobre | 981 57 00 99/627 628 194 | CUNTIS: Asociación O Fervedoiro | Heitor Picallo | 676 188 619 | FERROL: ADEGA-Ferrol | Nes | 649 779 774 | GUITIRIZ: Departamento de medio Ambiente | José Cornide | 982 37 01 09 | LALÍN: Departamento de Medio Ambiente | Xosé Manuel | 986 78 72 02/616 937 854 | LUGO: ADEGA Lugo | Xosé Rodríguez Benjamín Cela | 678 810 217 982170435/676228883 | MELIDE: | Asociación de troiteiros do río Furelos | 696 607 348 | ORDES: Departamento de Medio Ambiente | Xesús Pereira | 649 84 56 74 | PONTEAREAS: ADENCO e ADEGA-Paradanta | Anxo Saborido | 666 893 879 | PONTEVEDRA: ADEGA-Pontevedra; Vai polo Río; Cedofeita; Integra Futuros | Manuel Fortes Xosé | 676 088 486 676 842 942 | PORRIÑO | Paula Domínguez | 658 943 491 | RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés e Asociación Roi Vicente | Mª Dolores Barreiro | 680 580 086 | ROIS: Departamento de Medio Ambiente | Ana Yansi e Ángeles Bouzas | 981 804 109 | SALCEDA DE CASELAS: Asociación TRECECATORCE | Fran Rei | 615 421 199 | TEO: CEIP A Ramallosa | | | VIGO: ADEGA-Vigo | Xan Vilaboa | 629 271 224 | XOVE: Aula de Medio Ambiente | Desireé González | 651 600 173 |
|