|
O curso de formación deste martes 27 de abril estará adicado á visita de dous humidais construidos como sistemas de depuración extensivos, naturais e de baixo custo, cun forte carácter de sustentabilidade. Visitaremos a planta piloto na EDAR de A Silvouta (Compostela), unha instalación experimental construída por ADEGA e a Universidade da Coruña (UDC) coa colaboración de Aquagest e o Concello de Santiago. O seu obxectivo é demonstrar a viabilidade deste tipo de tecnoloxías para o tratamento de augas urbanas e servir como plataforma de investigación para a UDC. A depuradora do Pazo de Señoráns, nas adegas "Pazo de Señoráns" (Meis), trata os efluentes do proceso de elaboración de viño e da instalación hostaleira. Constitúe a maior depuradora deste tipo existente hoxe en Galiza, e foi resultado dun proxecto de investigación aplicada da UDC e a empresa Biogea.

CURSO DE FORMACIÓN AMBIENTAL
Visita a sistemas de depuración natural
PROGRAMA:
10:00 Saída do local de ADEGA en Santiago de Compostela
10:30 Visita a planta piloto da Silvouta (Compostela)
12:30 Visita a depuradora do Pazo de Señoráns (Meis)
14:30 Volta para Santiago de Compostela
Se queres participar chama ou envíanos un correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
; móbil: 616 23 80 50
Prazas limitadas!
Organiza: ADEGA
Colabora: Universidade da Coruña, Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental
|