O Carballiño súmase á rede de Fogares verdes e de Compostaxe caseira. PDF Imprimir Correo-e

O concello de O Carballiño no seu compromiso pola implantación da Axenda local 21 vai poñer en marcha en colaboración con Adega os programas de educación ambiental Fogares Verdes e Compostaxe caseira co obxeto de que as familias carballinenses tenten ser máis eficientes no uso dos recursos naturais no fogar, nomeadamente de auga e enerxía e tamén aproveitar o lixo orgánico para a elaboración de compost.

 

 

 

O vindeiro 11 de marzo terá lugar na salón de actos do concello ás 19.30h unha charla presentación aberta a todas/os os veciños interesados en recibir información sobre os programas. As inscricións serán por orde de chegada das solicitudes e o prazo permanecerá aberto ata o 26 de marzo.

Dos participantes en Fogares verdes agárdase que leven un control dos consumos e facilitan os datos de facturación de auga e electricidade, datos que se tratarán confidencialmente, así como un compromiso de permanencia no programa, que durará nove meses. Recibirán pola contra información e consellos sobre novos hábitos máis eficientes nos apartados de calefacción, consumo pantasma, iluminación, auga no baño, rega, lixo... Ademais de unha pequena equipa de aforro.

O programa desenvolverase con visitas porta a porta, charlas colectivas e actividades e obradoiros complementarios. Os obxetivos que nos propoñemos de xeito colectivo serán; reducción no consumo de auga entre un 6-10% e nas emisións de CO2 ligadas ao consumo eléctrico nun 5,2%.  

Dos participantes no programa de Compostaxe caseira agárdase que adquiran o compromiso de coidar o composteiro que se lle cederá e que destinen todos os seus restos orgánicos do fogar para a obtención de compost. Recibirán asesoramento continuo por parte de educadoras de Adega así como tres visitas ao fogar para acompañalos no proceso.

Unha nova andaina para traballar na cultura de consumo comedido e eficiente de recursos no fogar a través destes dous programas de acompañamento. Un xeito realmente efectivo de tratar o fracción do lixo orgánica e a oportunidade de adquirir uns cambios de hábitos que permitan aforrar auga e enerxía sen perder comodidade.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.