Adega presentou esta semana o video "A xestion dos residuos solidos urbanos" PDF Imprimir Correo-e

 

Adega en colaboración coa Mancomunidade e FCC, ven de sacar a luz un video que forma parte da campaña “Separar para reciclar“. ADEGA e a responsable do Programa Educativo que xa vai polo seu sexto ano de realización, no cal traballa a temática dos residuos facendo especial fincapé no tratamento dos residuos no Complexo medioambiental do Barbanza.

 

No CEIP Cernadas de Castro, pertencente o concello de Lousame tivo lugar a presentación do video, nesta xornada participaron alumnos de 1ª da ESO e traballadoras do Complexo medioambiental, ademais de estar presentes os medios de comunicación.

Con este video pretendese achegar a tódolos cidadáns a xestión dos residuos na Mancomunidade e dar a coñecer que se fai co seu lixo unha vez que é depositado nos contedores, demostrando así que se lle pode dar vida.

Dunha maneira moi sinxela se definen os residuos solidos urbáns, e as alternativas para facer un uso consciente dos residuos no cal se tratan as 3 R. Ademais se fai fincapé na importancia da separación en orixe para logo poder reciclar, e por ultimo se explica o aproveitamento que se fai na planta de tratamento da materia organica, que se converte en compost.

Nos Concellos da Mancomunidade do Barbanza repartironse exemplares en cada colexio,. Tamén podemos visualizar o video, accedendo a páxina principal de ADEGA, www.adega.info.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.