| Excelente calidade do compost obtido mediante a compostaxe caseira nos concellos de Ordes e Carballo |
|
|
|
|
Nesta época recolleronse varias mostras para analizar a concetración dos metáis pesados na universidade da Coruña. Estas mostras foron recollidas o azar e en diferentes zonas dos concellos ou parroquias. Para coñecer a calidade dun sustrato midese a concentración de metáis pesados da mostra e segundo a súa concentración podemos obter varias clases de calidade a clase A que pode considerarse apta para agricultura ecolóxica, clase B e apta para agricultura pero con restriccións en canto ás cantidades de compost, e por ultimo a clase C ou non apta para agricultura debido a unha alta concentración de metáis pesados. O compost obtido polos veciños dos concellos de ordes e Carballo entra dentro dos parámetros compatibeis coa clase A esto quere decir que a concentración de metáis pesados é minima e o cmpost é de calidade excelente podendose usar para agricultura ecoloxica , polo que unha vez mais demostrase que a compostaxe caseira é unha practica viabel, económica, ecoloxica e ademais obtemos un fertilizante orgánico de calidade para a horta devolvendolle os nutrintes necesarios á terra, pechando asi o ciclo da materia orgánica.
|






Unha vez rematados os programas de educación ambiental sobre a compostaxe caseira impartidos por ADEGA , en colaboración con SOGAMA realizouse unha analise de metáis pesados para coñecer a calidade do compost obtido, pola universidade da Coruña.