| Voluntariado Ambiental en Quilmas |
|
|
|
ADEGA organizou dous campos de voluntariado ambiental en colaboración coa Cooperativa de cultivo ecolóxico Raiña Lupa. Traballouse primeiro na fin de semana do 14 ao 15 plantando 135 árbores froiteiras e 84 mais o pasado xoves 19, donde se achegaron ata alí voluntariado de Adega. A plantación tivo lugar nos terreos da Cooperativa de Agroecoloxía Raiña Lupa, que se constituiu hai alguns meses en Quilmas (Carnota) para poñer en valor unhas terras ameazadas polo Plano Acuícola. Na fin de semana do 14 ao 15, dezasete persoas participaron nesta iniciativa plantando un total de 135 árbores froiteiras, diferentes variedades de maceiras e pereiras.
O xoves 19, repetiuse esta experiencia, plantáronse en total 84 maceiras de 5 variedades diferentes entre as cales estaban a tabardilla, a branca cerosa, reineta, ollo mouro e a de san ramón. Estes traballos foron realizados pola mañá na súa maioría retomando o traballo pola tardiña despois de facer unha visita por todolos terreos da cooperativa levados da man de dous socios, Xose Manuel e Lucia que é a encargada de realizar tamén, as labouras de planificación e xestión. A cooperativa reúne os terreos, de 15 veciños/as, un total de 30 Ha. Algunhas destas fincas que levaban, máis de 20 anos sen cultivar, distribúense agora segundo as características dos solos: así, adícanse 4,5 Ha a trigo e centeo, 1 Ha a patacas, 15 Ha a froiteiras, 2 Ha a verde ornamental e sebes, deixando tamén algunha terra a monte. Este mesmo día, coincidiu a visita do Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca, que tamen visitou as instalacions da cooperativa e animou a todolos veciños e voluntarios que se atopaban ali a seguires con esta laboura exemplar que pretende poñer en valor as agras da aldea de Quilmas, recuperando a sua antiga función de forma comunitaria. Os veciños de Quilmas son realmente os verdadeiros protagonistas nesta luita polo territorio e a conservación dos valores ambientais, os voluntarios simplemente botamos unha man e aprendemos dos nosos maiores a valorar a terra e a saber coidala aproveitando os antigos saberes e aplicando os novos coñecementos de agroecoloxía. Por todo o que nos aportaron durante ese dia, e os vindeiros que esperamos que se repitan, o noso agradecemento a todos e tamen as nosas cociñeiras que fixeron do xantar case un banquete de bodas. Un abrazo a todos.
|






ADEGA organizou dous campos de voluntariado ambiental en colaboración coa Cooperativa de cultivo ecolóxico Raiña Lupa. Traballouse primeiro na fin de semana do 14 ao 15 plantando 135 árbores froiteiras e 84 mais o pasado xoves 19, donde se achegaron ata alí voluntariado de Adega. A plantación tivo lugar nos terreos da Cooperativa de Agroecoloxía Raiña Lupa, que se constituiu hai alguns meses en Quilmas (Carnota) para poñer en valor unhas terras ameazadas polo Plano Acuícola.