OS TÓXICOS NA LIMPEZA DO FOGAR PDF Imprimir Correo-e

O pasado 19 de febrero no auditorio do concello de Lalín convocouse aos Fogares verdes lalinienses ao redor dun curso de tóxicos nos productos de limpeza do fogar. Despois da parte teórica e na búsqueda de alternativas máis naturais realizouse un obradoiro de elaboración de xabrón artesanal, limpiador xeral para manchas e un ecolimpo para chans e superficies. Outro curso semellante tivo lugar a semana anterior, o xoves 11 de marzo, no local de Adega, dentro dos cursos de Formación da Equipa de Educación ambiental de Adega. A todas e todos os participantes entregouselles un recetario para a elaboración de productos de limpeza.

Máis de 100.000 productos químicos conviven no noso entorno, formando parte de obxetos e productos de uso habitual. A maior parte deles non son necesarios e o que resulta máis grave, lánzanse ao uso industrial sen teren realizado estudios suficientes que aseguren a súa inocuidade a longo prazo. Asemade as cruentas probas con animais que se fan non son extrapolables á reacción acontecida no ser humano. Máis de cen millóns de animais son sometidos cada ano a probas toxicolóxicas (un 10% das mortes en laboratorio son consecuencias destas probas).
Dende fai moitos anos, para a limpeza do fogar, apostábase pola forza física perante a química e empregábanse productos máis inócuos e igual de eficaces como son o vinagre, o bicarbonato, o alcohol, o limón… Nembargantes a publicidade ten moita forza; os miragres chaman a atención e o atractivo de “fulminar” a suciedade sen esforzo, (con un simple chifrado dun producto novidoso) resulta irresistible para a maioría da poboación.
Perda de olfato, irritacións de pel, mareos, novas alerxías, desaxustes hormonais… son algúns dos perigos do contacto con sustancias químicas sintéticas. Resulta imprescindible saber identificalas mediante as etiquetas e pictogramas que deberan presentar todos os productos do mercado para evitar os ingredientes máis nocivos; como por exemplo o paradiclorobenceno, o formaldeído ou o diclorobenceno. 
Estará logo nas nosas mans prescindir deles ou escoller sustitutos de gama ecolóxicos, de baixo impacto medioambiental e menor carga química. Outra opción é aprender a fabricar os teus  propios limpiadores; xabrón, ecolimpo para o chan, limpiacristales, quitamanchas eficaces, insecticidas, ambientadores, etc. Ademáis de mellor para a saúde e o medio natural sairá máis a conta para o bolsillo.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.