CRÓNICA DO I CURSO DE INICIACIÓN Á CESTERÍA TRADICIONAL PDF Imprimir Correo-e

Sábado 6 de marzo de 2010, Eira da Xoana (Ramil). Despois de dous intentos errados de realizar esta primeira aproximación á cestería, por fin este pasado sábado o tempo acompañounos na Eira da Xoana. Foi entón posible deixar a tarde do venres seis mollos de bimbios no río, para que colleran a sazón coa auga e estiveran máis flexibles. Poidemos logo preparar unha exposición na casa de ferramentas de cestería e unha boa colección de cestos e elementos elaborados coas mesmas técnicas de tecido. Xerras, sombreiros, coroza, cestos ornamentais, cesto culeiro, cesta da asa, etc. Os obxetos tiñan a súa orixe tanto en diversos lugares do noso país como en outros puntos do mundo.

 

Ler máis...
 
O Carballiño súmase á rede de Fogares verdes e de Compostaxe caseira. PDF Imprimir Correo-e

O concello de O Carballiño no seu compromiso pola implantación da Axenda local 21 vai poñer en marcha en colaboración con Adega os programas de educación ambiental Fogares Verdes e Compostaxe caseira co obxeto de que as familias carballinenses tenten ser máis eficientes no uso dos recursos naturais no fogar, nomeadamente de auga e enerxía e tamén aproveitar o lixo orgánico para a elaboración de compost.

 

 

Ler máis...
 
Curso de cestería tradicional PDF Imprimir Correo-e

O sábado 6 de marzo, voltaremos a Eira da Xoana para realizar un obradoiro de cestería. Neste segundo curso faremos un percorrido virtual pola xeografía galega descubrindo diferentes técnicas para a elaboración de cestos e demáis obxetos artesanais fabricados con todo tipo de materiais, dende castiñeiros, salgueiros, vimbieiros até silveiras. Poñerémonos mans a obra preparando estes materiais para logo posteriormente deseñar e elaborar o noso propio cesto.

Ler máis...
 
OS TÓXICOS NA LIMPEZA DO FOGAR PDF Imprimir Correo-e

O pasado 19 de febrero no auditorio do concello de Lalín convocouse aos Fogares verdes lalinienses ao redor dun curso de tóxicos nos productos de limpeza do fogar. Despois da parte teórica e na búsqueda de alternativas máis naturais realizouse un obradoiro de elaboración de xabrón artesanal, limpiador xeral para manchas e un ecolimpo para chans e superficies. Outro curso semellante tivo lugar a semana anterior, o xoves 11 de marzo, no local de Adega, dentro dos cursos de Formación da Equipa de Educación ambiental de Adega. A todas e todos os participantes entregouselles un recetario para a elaboración de productos de limpeza.

Ler máis...
 
Adega presentou esta semana o video "A xestion dos residuos solidos urbanos" PDF Imprimir Correo-e

 

Adega en colaboración coa Mancomunidade e FCC, ven de sacar a luz un video que forma parte da campaña “Separar para reciclar“. ADEGA e a responsable do Programa Educativo que xa vai polo seu sexto ano de realización, no cal traballa a temática dos residuos facendo especial fincapé no tratamento dos residuos no Complexo medioambiental do Barbanza.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 10
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.