| ADEGA participa nas III Xornadas da rede “Hogares Verdes” |
|
|
|
Os pasados días 26 e 27 de febreiro celebrouse no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) o terceiro encontro de intercambio de experiencias do programa “Hogares Verdes”, no que se reuniron perto de 80 participantes procedentes de once comunidades autónomas. Asistiron educadores ambientais procedentes de diversos ámbitos de traballo (empresa privada, administración, asociacións, etc) e responsables directos da posta en marcha de programas de “Hogares Verdes”. Todos eles achegaron as súas experiencias e labor neste programa educativo. O aforro enerxético, o consumo moderado de auga ou o consumo responsable son eixos temáticos dos proxectos integrantes desta rede estatal.A experiencia piloto en Galiza, “Fogares Verdes”, tenta axudar ás familias a mudar hábitos de consumo para así acadar unha xestión máis responsable dos recursos no fogar, nomeadamente auga e enerxía. Este programa, impulsado nun principio polo CENEAM dende Segovia, conta xa cun percorrido de tres anos, e fóronselle sumando á iniciativa cada vez máis municipios de distintas comunidades autónomas, entre elas Galiza. Nestes momentos, o programa conta cunha rede de 2.323 fogares verdes espallados por todo o estado.Ó longo destas xornadas valoráronse os resultados obtidos en diferentes programas rematados e metodoloxías empregadas, revisáronse os materias utilizados, e puxéronse en común ideas e novas propostas co fin de enriquecer e mellorar o programa. Realizáronse mini-charlas formativas para os asistentes e presentáronse novas dinámicas e talleres. Tamén se formaron mesas de traballo donde os participantes aportaron iniciativas e suxerencias en relación cos temas: consumo responsable, enerxía e auga, a rede como instrumento de difusión, e tamén se propuxeron novas temáticas que poideran interesar ós fogares. Para todos aqueles que se iniciaban na experiencia adicouse parte da mañá do venres para solucionar aspectos prácticos co fin de comezar na andaina. Adega aportou o seu gran de area expoñendo os resultados do programa “Fogares Verdes” en Santiago de Compostela, así como algunha novidade como: “o caldeiro da auga” como elemento singular do fogar para a recollida de toda a auga usada no fogar e susceptible de ser reaproveitada.para incluir no kit de aforro facilitado ós fogares. Esta sinxela novidade foi moi ben acollida polo resto de participantes.Nembargantes non todo foi traballo, houbo tempo nas xornadas para atoparse cos amigos da rede, coñecer novos membros, compartir viandas e cargarse de folgos para seguir no camiño da ensinanza de que outro xeito de consumir os limitados recursos do planeta é posible.
|






Os pasados días 26 e 27 de febreiro celebrouse no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) o terceiro encontro de intercambio de experiencias do programa “Hogares Verdes”, no que se reuniron perto de 80 participantes procedentes de once comunidades autónomas. Asistiron educadores ambientais procedentes de diversos ámbitos de traballo (empresa privada, administración, asociacións, etc) e responsables directos da posta en marcha de programas de “Hogares Verdes”. Todos eles achegaron as súas experiencias e labor neste programa educativo. O aforro enerxético, o consumo moderado de auga ou o consumo responsable son eixos temáticos dos proxectos integrantes desta rede estatal.
acadar unha xestión máis responsable dos recursos no fogar, nomeadamente auga e enerxía. Este programa, impulsado nun principio polo CENEAM dende Segovia, conta xa cun percorrido de tres anos, e fóronselle sumando á iniciativa cada vez máis municipios de distintas comunidades autónomas, entre elas Galiza. Nestes momentos, o programa conta cunha rede de 2.323 fogares verdes espallados por todo o estado.
Adega aportou o seu gran de area expoñendo os resultados do programa “Fogares Verdes” en Santiago de Compostela, así como algunha novidade como: “o caldeiro da auga” como elemento singular do fogar para a recollida de toda a auga usada no fogar e susceptible de ser reaproveitada.para incluir no kit de aforro facilitado ós fogares. Esta sinxela novidade foi moi ben acollida polo resto de participantes.