Seis novos concellos se suman ao programa de compostaxe doméstica PDF Imprimir Correo-e

Ao longo do mes de outubro e novembro os concellos de Teo, Porriño, Carral, Melide e Toques e Oza dos Ríos van poñer en marcha senllos programas de compostaxe caseira en colaboración con Adega. As experiencias poñense en marcha ao abeiro das axudas de sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

 

A asociación ecoloxista ADEGA encargarase do proxecto educativo, deste programa de compostaxe consistente no reparto dun composteiro por vivenda e do seu seguemento ate que o compost esté feito. Os participantes deberan asistir a unha charla previa ónde se dará información básica desta técnica de tratamento dos residuos orgánicos, explicarase o proceso de fermentación da masa de residuos no composteiro, ónde colocar o  composteiro, coidados básicos e usos do compost. Ademais entregarase un manual de compostaxe con información básica de manexo do composteiro. Unha vez instalado o composteiro na vivenda cada participante recibirá tres visitas dunha educadora ambiental de ADEGA, ó longo de sete meses, xa que aproximadamente este é o tempo que tarda en facerse o compost. Estas visitas serven para observar o proceso, resolver dúbidas, correxir erros, na última visita pasaremos unha enquisa para avaliar o programa de educacion ambiental.

O longo dos sete anos que levamos traballando neste programa cada ano incrementase o numero de concellos que apostan por esta tecnica de xestión dos residuos, demostrando que a compostaxe é viabel, económica e ecolóxica. 
Aos habitantes de cada fogar se lles confire autosuficiencia na xestión dos residuos,  a comodidade  do composteiro frente o contentor municipal, ademais de obter compost que é un abono de calidade que pode ser utilizado na horta, en sementeiras ou xardineria devolvendo os nutrintes a terra e pechando o ciclo da materia orgánica.

O concello promotor da iniciativa disminue o custo na xestión do lixo xá que os resíduos son tratados nas vivendas participantes. Tamén se aforra o transporte do lixo á pranta, a recollida e mantenemento dos contendores municipais.

Moitos concellos danlle continuidade o programa de compostaxe como é o caso do Porriño ampliando de 25 composteiros repartidos o ano pasado a 75 por demanda dos veciños actualmente está aberto o prazo de incripción, No concello de Teo tivo lugar o pasado venres 23 a charla inicial e o reparto de 30 composteiros, en Carral a charla será mañá mercores 28 na casa da cultura as 20h da tarde e repartiranse 30 composteiros, en Melide repartiran 50 e enToques 20 nestos concellos está aberto o prazo de inscripción. Para anotarse a estos programas e recibir o composteiro máis as visitas técnicas  é fundamental ter un anaco de finca ou xardín na vivenda, que sexa vivenda habitual e pertencer a algún dos concellos citados.

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.