| ADEGA PARTICIPOU NUN SEMINARIO DE COMUNICACIÓN AMBIENTAL EN SALAMANCA |
|
|
|
|
O curso tentaba dar a coñecer as técnicas e os instrumentos precisos para que as ONGs poideran superar as trabas de interlocución coa sociedade coas que se atopan actualmente, pola falta de recursos e por un concepto errado da transmisión das mensaxes que consegue, na maioría das veces, desmobilizar á cidadanía. Xornalistas, comunicadores ambientais e deseñadores gráficos e de campañas de comunicación foron os encargados de instruír aos participantes que viñan de diferentes lugares do Estado. Ademais das sesións teóricas, tamén houbo unha sesión práctica na que os diferentes grupos de participantes tiveron que deseñar unha campaña de comunicación relativa a unha temática ambiental. As xornadas foron clausuradas polo coñecido xornalista ambiental, director e produtor de programas de radio e televisión sobre natureza, Joquín Araújo, quen destacou a vital importancia de que as ONGs trasladen á sociedade mensaxes efectivas que animen a realizar pequenos ou grandes xestos en favor do presente e futuro do planeta, pero tamén asume as dificultades con que estas se atopan, xa que emiten mensaxes contrapostas ou conflitivas cos discursos dos grandes poderes, sobre todo, os económicos.
|






Os pasados 25, 26 e 27 de setembro, membros de ADEGA asistiron ao Seminario “A comunicación ambiental desde as ONGs: innovación na transmisión das mensaxes” que organizaba a Fundación Tormes EB de Salamanca nas súas instalacións en Almenara de Tormes. O seminario estaba dirixido a representantes de organizacións sen ánimo de lucro ou ONGs que quixeran aprender novas técnicas de comunicación de mensaxes á cidadanía e reforzar as relacións cos medios de comunicación convencionais.