| Arranca no concello de Lalín unha nova edición do programa "fogares verdes" |
|
|
|
|
Logo da presentación moitos dos asistentes inscribíronse para comezar o plan de aforro a partires do mes de setembro. Serán finalmente 25 fogares os que participarán na experencia lalinense e o prazo para anotarse rematará o 30 de agosto. Dos participantes agárdase que leven un control dos consumos e facilitan os datos de facturación de auga e electricidade, datos que se tratarán confidencialmente, así como un compromiso de permanencia no programa, que durará un ano. Recibirán pola contra información e consellos sobre novos hábitos máis eficientes nos apartados de calefacción, consumo pantasma, iluminación, auga no baño, rega, lixo... Ademáis de unha pequena equipa de aforro.
|






O luns 20 de xullo iniciase no concello de Lalín o programa de educación ambiental Fogares verdes cunha primeira charla informativa. O pasado 20 de xullo ás 20.00h no consistorio do concello de Lalín tivo lugar unha charla aberta a todas/os os veciños interesados en recibir información sobre o programa de aforro de enerxía e auga no fogar.