O Concello de Porriño súmase á Compostaxe caseira PDF Imprimir Correo-e
No concello de Porriño  xa fan compostaxe caseira, o concello de o Porriño sumase a compostaxe igual que o seu concello veciño Mos que xa leva repartidos 215 composteiros en catro programas diferentes nos ultimos 4 anos. No Porriño levase a cabo o primeiro programa de compostaxe dende a concelleria de Medio Ambiente repartironse 25 composteiros entre os seus veciños e a asociación para a defensa ecoloxica de Galiza (ADEGA) encargase do programa educativo, dende ADEGA pretendese dar a coñecer a posibilidade de tratar estes residuos no propio fogar (na horta ou xardín) e subministrar os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro.
A proposta de ADEGA basease nun programa de educación ambiental donde a participación e implicación dos veciños é fundamental e a tecnoloxía a empregar sinxela.  O programa de compostaxe caseira consiste no reparto, instalación do composteiro e entrega dun manual elaborado por ADEGA e o seguemento durante seis meses do proceso de compostaxe, xá que este período é o que precisan os resíduos orgánicos para convertirse en compost. Durante este período se fan visitas de seguemento nas que os educadores/as ambientais da asociación responden a dúbidas e dan solucións e ideas de mellora para o proceso.
A producción de compost a nível domestico, ou comunitario, é a solución máis ecolóxica, razoábel e económica para os resíduos orgánicos, combinada no seu caso coa alimentación animal. Máis de 300.000 familias galegas de zonas rurais e dalgunhas zonas urbanas poden solucionar o problema da parte maior do lixo mediante a compostaxe caseira, elabora-se un compost co que completamos o ciclo natural da materia orgánica e dos nutrientes, devolvendoos á horta e ao xardín.
 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.