ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto "FOGARES VERDES" PDF Imprimir Correo-e
 
29 de febreiro de 2008. ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
FOGARES VERDES pretende aproveitar a experiencia e os coñecementos acadados polos cidadáns participantes no programa de Compostaxe Caseira en Compostela para crear unha rede de fogares ecolóxicos que poidan ampliar ou seu compromiso ambiental.
A metodoloxía para o desenvolvemento do programa será similar ao de Compostaxe Caseira: visitas ás vivendas e explicación accesíbel aos/ás participantes, aínda que en FOGARES VERDES amplíanse os contidos. O obxectivo será o aforro enerxético e o consumo de auga.
A elección destes aspeitos concretos ven motivada polo crecente consumo de enerxía e auga en todos os fogares e a grande incidencia no consumo total destes dous recursos no noso país. Como no programa de Compostaxe Caseira os veciños/as serán os verdadeiros protagonistas da acción educativa e do programa en sí mesmo.
As xornadas de intercambio de experiencias desenvolvéronse no Centro de Educación Ambiental de Polvoranca (Leganés) e compañeiros/as de Madrid, Segovia e Andalucía entre outros, expuseron as súas experiencias. Asemade houbo tempo para participar en debates, talleres e grupos de traballo. Algúns dos colectivos e organizacións participantes están a traballar tamén no eido da mobilidade sustentábel (uso racional do transporte) e do consumo responsábel. Os/as participamtes amosáronse moi interesados/as en incorporar a experiencia de ADEGA coa Compostaxe Caseira aos fogares verdes.
Sobre a Compostaxe Caseira, ADEGA acumula xa unha longa experiencia que partillou cos compañeiros/as das xornadas e á súa vez, voltamos coa saqueta chea de consellos e coñecementos para polos en práctica na nova andaina de FOGARES VERDES.
 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.