| Comprobamos o resultado do composteiro comunitario de Fene |
|
|
|
|
Este composteiro foi instalado a finais de abril no parque da Volta do Castro, no mes de agosto chegou ao límite da súa capacidade e ampliamos a área de compostaxe cun novo composteiro de 320L, abrimos o composteiro grande pola parte inferior, extraímos o material que estaba en proceso de convertirse en compost e o trasladamos ao composteiro pequeno para que continúe o proceso até a maduración. Este martes procedimos a apertura do composteiro pequeno e xa tiñamos o compost maduro!! Os nosos residuos xa se transformaran en compost, un produto semellante a terra do monte que serve como fertilizante para o xardín ou a horta. Este composteiro asume todos os residuos orgánicos do comedor do ASPANEPS (aproximadamente 20 persoas) ,os residuos de varios veciños e veciñas da Volta do Castro e tamén os restos vexetais no parque e do cemiterio. Residuos orgánicos que esquivan as fauces da incineración en SOGAMA e son devoltos ao solo no mesmo lugar ónde se producen, en forma de nutrintes.
Este compost foi repartido entre os veciños e veciñas que participaron na experiencia, eles puideron levar o compost para as suas vivendas para abonar e cambiar a terra ás plantas. Para esta ultima actividade tamén puidemos contar coa inestimable axuda dos nosos voluntarios: os educadores e alumnado do ASPANEPS. Dende o principio implicaronse no proxecto e en gran medida o éxito da área de compostaxe depende deles. Eles encarganse de engadir material estruturante, remexer e manter coidado o composteiro. O martes eles foron os encargados de abrir o composteiro, peneiraron o compost, para que quedara un material fino apto para os testos, serigrafiaron as bolsas de papel co selo de calidade “compost feito pola veciñanza da Volta do Castro” e repartiron o compost entre os veciños e veciñas que se achegaron. Dentro de esta xornada o persoal do ASPANEPS agasallounos cun rico café feito nunha cociña solar mentres fixemos as labouras de mantenemento. E como remate a educadora ambiental de ADEGA repartiu unhas chapas de recoñemento aos voluntarios/as que os acredita como mestres composteiros. Agora xa controlan o proceso ce compostaxe e o barrio da Volta do Castro é autosuficiente na xestión dos residuos orgánicos!!
|






O pasado martes 27 de decembro comprobamos se xa tiñamos compost no composteiro comunitario de Fene.