A compostaxe comunitaria chega ao concello de Poio PDF Imprimir Correo-e

 

Hoxe 20 de decembro procedemos a instalar a área de compostaxe comunitaria en Poio. Exactamente está instalada xunto o ximnasio na explanada da seca na Reiboa e consta dun composteiro de 1.400L, unha zona de recepción de material vexetal dos parques e un panel con información sobre a compostaxe.

 

Hoxe tivo lugar o curso de formación aos voluntarios e voluntarias que se encargaran de coidar o composteiro e dar información as veciñas e veciños da zona. Neste caso os voluntarios é o alumnado do curso de saúde e mente coa súa educadora ao fronte. Moitos dos voluntarios xa coñecían a compostaxe xa que o fan de xeito tradicional nas súas casas, polo que son uns expertos no aproveitamento dos residuos orgánicos.

 

A pesar do mal tempo de hoxe despois do curso montamos entre todos o composteiro, con axuda do persoal de mantenemento do concello que tamén mostraron interese nas explicacións e no proxecto en si.

Ao longo de sete meses farase un seguimento do composteiro e varias actividades relacionadas coa compostaxe.

Esta iniciativa parte da asociación ecoloxista ADEGA en colaboración coa concellería de medio ambiente de Poio.

Máis info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.