Oferta de Nadal : 3 X 1 !!! Os 3 R por 1 Xoguete! PDF Imprimir Correo-e

 

Isto fixeron os nenos/as da escola infantil de Tállara de Lousame o primeiro de decembro: Reducir, Reutilizar e Recuperar, unha botella de plástico para facer maracas ou ben un envase do iogur para facer o xogo do vaso pelota. O resultado foi aprender novos ritmos e cancións para tocar cas maracas e noutro caso poñer a boliña dentro do iogur sen tocala, laboura na que se esmeraron os alumnos.
Poren o obxectivo mais importante era crear un xoguete con un residuo,senon o seu destino sería o contedor dos envases. Entón Reducimos a cantidade de lixo deste contedor, recuperamos un envase para darlle unha nova utilidade,é decir, Reutilizamos!!!

 

 

Os nenos do EEI de Tallara poden sentirse moi orgullosos porque agora teñen o poder máxico da transformación da materia, saben facer un xoguete eles mesmos e incluso poderán agasallalo no Nadal participando unha vez mais da maxia pero esta vez das festas!

Nenos creando maracas e o xogo do vaso pelota

O 2 de decembro en Noia, esta vez cos alumnos de Primaria do CEIP María Asumpta, fixemos a compra para a cea do Nadal. Despois de comprobar os seus coñecementos sobre o tema dos residuos, empezamos a xogar a ser personas responsabeis fronte a reducción dos envases.
A ver se vos acertades?? Que é mellor... mercar o turrón a granel na panadería? Mercar o turrón de sempre en caixa de cartón con plástico? Ou ben mercar esta novidade: o turrón en sobres individuais, así aforramos tempo en cortalo, non? A resposta é ...cando menos envases mellor, entón o gañador destas festas vai ser o turrón da nosa panadería preferida!

Os produtos da tenda de Manolo, cantas cousas por escoller...

Ademais todas as nenas e nenos de Noia por ter a sorte de formar parte da Mancomunidade do Barbanza, poden participar neste Programa de Educación Ambiental “O lixo desde o teu concello”  e recibir un poster e un folleto divulgativo. De feito voltaremos a Noia a primavera que ven con outros obradoiro. Non obstante, os demais concellos da Mancomunidade poden gozar tamén do Programa  mandando a súa solicitude a :

Marga Miguens - Responsable de Educación Ambiental Xeral
Tlfno:680 903 203  email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.