NOVO MANUAL DE COMPOSTAXE CASEIRA PDF Imprimir Correo-e

 

Ramsés Pérez, Manuel Soto, María Rodríguez, Desireé González (autores) Marcos Antonio Vázquez, ADEGA e Dpto de enxeñería química da UDC (colaboracións); Federico fernández (deseños). Galego (42 páx)

ISBN: 978-84-614-1987-6

Co inicio do novo curso e novos programas de compostaxe a equipa de educación ambiental de ADEGA elabora un novo manual de compostaxe caseira co obxectivo de divulgar as vantaxes da compostaxe e promover o aproveitamento da fracción orgánica dos residuos.

 

Máis da metade de residuos que producimos en Galicia a diario son materia orgánica que non ten porque rematar en vertedoiros ou incineradoras, producindo unha forte contaminación e desbaldimento de recursos.

Os restos orgánicos ben xestionados poden ser enteiramente reciclados mediante a compostaxe, de este xeito os restos de comida, hortalizas, restos de podas… podemos convertelos en compost, un fertilizante de calidade para a terra.

Os contidos principais de este manual son a elaboración do compost na propia vivenda, instalación e coidados do composteiro e usos do compost. Nesta edición do manual de compostaxe caseira contamos coa colaboración do Dpto de enxeñaría química da UDC que nos proporcionan datos experimentais sobre a calidade do compost no ámbito doméstico e o seguimento experimental nun composteiro.

NOVO MANUAL DE COMPOSTAXE

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.